Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
13:02 06/01/2009 O NOSO TABOLEIRO

Deixounos Agustín Bueno

Agustín era coñecido, -como non- en Irimia, pois era irimego xa antes de nacer a Asociación. Xunto coa súa compañeira Carmela Capeáns desenvolveron un labor nunca abondo agradecido no seu seo. Porén, aínda que nunca buscaron notoriedade ningunha, ambos os dous son coñecidos fóra tanto polo seu papel na Coordenadora de Crentes Galegos como polo seu labor veciñal no barrio do Castiñeiriño en Santiago ou o seu activismo pacifista, no movemento de obxectores de conciencia, en concreto, da obxección fiscal.

Facendo honra ó seu nome ata o final, Agustín regalou o seu corpo á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, polo que non haberá enterro. Porén, habémonos xuntar para celebrar a súa vida.

Desde aquí enviamos unha aperta e un bico á súa dona, Carmela e ós seus fillos.


Galano dos sabios de Oriente

Ventureiro Aninovo

A mesa de redacción anda espallada celebrando estas datas coas súas familias. Mentres tanto, podedes descargar o último número de Irimia, para que vexades como é a edición en papel.

Saúdos a tod@s e feliz 2009.

O NOSO TABOLEIRO

"O Vaticano está lexitimando o martirio e a erradicación da poboación homosexual"

Achegamos o manifesto das Redes Cristiás, ante a oposición do Vaticano á despenalización universal da homosexualidade como delicto.


ENTREVISTA

Quilmas: predicar e dar trigo

Rebelarse contra as desfeitas que a Administración está a provocar ou a consentir no litoral, como por exemplo o Plan de Acuicultura, é cousa de loar. Pero se un grupo de veciños e veciñas, ademais de protestaren e resistiren, van construíndo modos de traballar e de asociarse que demostran que é posible estar e quedarse aquí e que é posible outro modo de vivir, daquela, esa xente no só predica, senón que tamén dá trigo, ou, o que é o mesmo, esa xente denuncia a inxustiza ao tempo que nos anuncia un futuro diferente. Pasamos unha mañá con Xosé Manuel Casais González, presidente do movemento veciñal de Quilmas.

A AQUELA

O lobiño bo

Érase unha vez un lobiño bo a quen maltrataban todos os cordeiros. Había tamén un príncipe malo, unha bruxa fermosa e un pirata honrado. Todas estas cousas había unha vez, cando eu soñaba un mundo do revés. J.A. Goytisolo.

Hai uns días fun a un concerto de Paco Ibáñez. Unha das pezas que cantou foi “O lobiño bo”, texto que atopou dende a primeira vez que o lin un oquiño no meu corazón. E a partir deste lobiño bo, do príncipe malo, da bruxa fermosa e do pirata honrado, deume a min tamén por imaxinar un mundo do revés.


UTOPÍA

CARTA A BARACK OBAMA

Querido Barack Obama:

Non son máis que un pobre franciscano perdido entre espiños e penas que ás veces florecen. Pero a inmensa onda de simpatía planetaria que vostede espertou arrástrame tamén a min e permítome escribirlle. Saiba que tamén os paporroibos de Arantzazu lle cantan marabillosamente, como só cantan cando o outono é máis fermoso. Barack Obama, gústanos o seu nome. Obama é un nome redondo, énchenos a boca e a alma. Sóanos a queixa e canto da África ancestral, e neles recoñecemos as nosas orixes humanas. E Barack é un nome árabe que significa "bendito" ou "bendición" ou "sorte". Barack Obama: que fermoso é o seu nome!

ECONOMÍA

POBRE SISTEMA FINANCEIRO

Pedro Pedrouzo agasállanos con este interesante artigo, por claro e para todos os públicos, sobre a tan traída e lavada crise. Cómpre lelo para comprender.

Os antisistema pasean polas rúas cun sorriso dificilmente disimulado: o sistema fixo auga. Os neoliberais de sempre piden a intervención do Estado. Os socialdemócratas alíanse cos financieros. E a esquerda está desaparecida. Todo o mundo coincide coa estratexia do mal menor. A xente pregúntase  por que chegamos aquí e quen pagará a crise.




A semana en palabras