A presidenta arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, anunciou este martes a creación dun Ministerio da Produción, axudas para as pequenas industrias e tamén para o traballo. Ademáis, repatriarán capitais, entre outras accións que apuntan a manter o nivel do emprego, a produción e o consumo.
A Confederación Xeral do Traballo, en Arxentina, está a traballar nun proxecto de lei para evitar os despedimentos inxustificados.
O sobranceiro futbolista Diego Armando Maradona será o novo encargado de entrenar o combinado albiceleste, logo de chegar a un acordo este martes pola tarde.
Jorge Rafael Videla, o que fora o presidente da Arxentina durante varios anos da máis cruel das dictaduras dese país austral, perdeu este venres o privilexio de ficar preso na súa propia casa e foi levado a unha unidade penal.
Unha delegación institucional viaxa esta semana a Bos Aires para xestionar o cumprimento do desexo do galeguista, que en diante descansará no cemiterio de Fiunchedo, na súa Sada natal.
Os ex-todopoderosos xenocidas que estenderon nos anos 70 o terror e a morte na provincia de Tucumán, ao norte do país austral, foron sentenciados a cadea perpetua. Son Antonio Bussi e Luciano Benjamín Menendez. Con todo, a Xustiza non os mandou a un cárcere normal.
Haberá unha recollida masiva de mostras de sangue de parentes de persoas detidas e desaparecidas naqueles anos.