O plano de magnicidio e golpe de Estado en Venezuela foi desactivado na súa primeira fase coa detección de militares vinculados ao feito, asegurou o ministro de Interior e Xustiza, Tareck El Aissami, quen indicou que "aspiramos a que nas próximas horas existan pronunciamentos determinantes sobre o caso".
"Sen sorpresas", cualificou Eleazar Díaz Rangel, director do diario Últimas Noticias, o informe final da Sociedade Interamericana de Prensa (SIP), ao peche da súa reunión en Madrid. Destacou o xornalista venezuelano que "nin a SIP, nin o bloque de prensa, nin quen din que aquí se atropela á liberdade de expresión, ninguén pode mostrar exemplo de noticias que fosen censuradas por efecto da acción do Goberno venezuelano
Durante o acto con motivo á celebración do terceiro aniversario do Programa Nacional de Medicamento Integral Comunitaria, o presidente venezuelano, Hugo Chávez, indicou que o Estado venezuelano outorgará a condecoración Simón Bolívar "a cada un dos cinco heroes cubanos presos en Estados Unidos".
Enrique Santos Calderón, presidente da Sociedad Interamericana de Prensa, ademais de membro dunha das familias máis poderosas de Colombia, é irmán do ministro da Defensa de Colombia, Juan Manuel Santos.
O ministro de Comunicación e Información venezuelano, Andrés Izarra informou da recuperación da Imprenta Nacional cun ivestimento de 3.668 millóns de euros. Este proxecto, concibido hai tres anos, ten como finalidade dotar ao Ministerio do Poder Popular para la Comunicación y la Información (Minci) e ao Estado venezuelano dunha produción de 20 millóns de libros ao ano, ademais de cartaces, folletos e material divulgativo.
"Un resgate para os ricos, en desmedro dos pobres", cualificou o presidente venezuelano, Hugo Chávez, o plano de resgate que aprobou o Senado estadounidense fronte á crise financeira tras sufrir a peor caída en Wall Street.