Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
18:30 26/11/2008 Construída nun espazo da Rede Natura

A piscifactoría de Pescanova en Mira funcionará ao 100% dende xaneiro

Está previsto que Manuel Fraga e representantes do goberno español asistan á inauguración da planta, en Portugal, que aínda ten dous recursos nos xulgados.


19:45 19/11/2008 Dunha poboación de entre 105 e 130

Sete osos cantábricos morreron nos últimos anos por comer cebos envelenados

A Fundación Oso Pardo e Medio Ambiente asinan un convenio para concienciar os escolares da importancia de preservar esta especie.

19:50 18/11/2008 A través do Seprona

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza investiga o uso de cebos envelenados

Hai perto dun cento de referencias constatadas sobre a súa utilización nos montes do país, segundo datos de Medio Ambiente.

13:00 18/11/2008 CONTAMINACIÓN

Pídenlle explicacións a Medio Ambiente sobre os vertidos no Ulla

Ana Pontón, do BNG, pregunta se a consellaría vai tomar medidas para frear a deterioración ambiental do río.

11:25 15/11/2008 a pesar da oposición ecoloxista

Xapón mantén o seu obxectivo de cazar un milleiro de cetáceos en novembro

Porén, non vai seguir capturando baleas xibartes na Antártida tal e como viñan facendo até o de agora.

canalverde
12:06 28/11/2008 Organismos públicos e ONG investigarán 10 áreas mariñas españolas fóra de litoral nos próximos cinco anos

O Banco de Galicia a Estudo

O Banco de Galicia é un gran monte submarino localizado a uns 200 km ao oeste da costa galega, nunha zona de afloramentos o upwelling, o que implica que as augas situadas por riba del son particularmente ricas en nutrintes e presentan unha elevada productividade primaria. Agora comenzase a valorar a súa importancia biolóxica, e formar parte da Rede Natura 2000

10:59 28/11/2008 Incomprensibelmente cualifica a Feira como venda ambulante

O concello obriga a Verdegaia a cancelar a feira do troco prevista para este sábado

O Concello de Santiago ven de respostar a solicitude que Verdegaia apresentara no mes de Xuño solicitando a ocupación da Praza de Mazarelos os últimos sábados de cada mes, en horario de 11 a 14 horas, para a celebración dunha Feira de Troco. A pesares de que o propio Concello ten promovido a través de axudas materiais a celebración doutras edicións das Feiras de Troco de Verdegaia, o Concelleiro delegado de Mercados, Carlos Nieves, decidiu non conceder o permiso por non atoparse Verdegaia inscrita dentro do Rexistro de Comerciantes de Xunta de Galicia.

10:56 28/11/2008 Esta data simbólica enténdese como unha queixa contra o modelo de sociedade do consumo

28 de novembro, día sen compras

Dende hai 16 anos vense celebrando o Día sen Compras, unha iniciativa que xurdiu en Canadá baixo o lema "o bastante é suficiente".  Un día no que a modo de protesta contra o consumismo imperante se anima á poboación a que deixe de lado o carriño da compra. Unha xornada na que poderemos descansar do noso papel de consumidores/as natos e invertir o tempo gañado nunha reflexión sobre o modelo "hiperconsumista" do que formamos parte.


Outras novas







Locais:
GZ-Sete