Usado por máis de 55 países do mundo e numerosos movementos guerrilleiros durante o século XX, este venres será obxecto dun acto oficial en Rusia.
Mikhail Kalashnikov exhibe un AK-47
A arma máis famosa do mundo, o fusil ruso Kalashnikov (coñecido como AK-47 polas súas siglas en ruso Автомат Калашникова образца 1947 года), inventado polo xeneral xa retirado Mikhail Kalashnikov cumpre 60 anos.
Porén, non se agarda que pase ao 'retiro' nos vindeiros cinco anos. Non en van, o AK-47 xa superou o millón de exemplares vendidos e é usado polos exércitos de 55 países.
O primeiro prototipo foi producido en xullo de 1947, e tan só dous anos despois era a principal arma do Exército Vermello. O seu creador, Mikhail Kalashnikov, é agora conselleiro de Rosorobonoexport, o ente estatal que se encarga da venda de armas rusas.
Acto de celebración en Moscova
No acto de celebración do 60 aniversario do fusil que terá lugar este venres en Rusia, Mijaíl Kalashnikov poderá exhibir o primeiro exemplar do AK-47 que chegará por uns días a Moscova, procedente do Museo de artillería, enxeñería e comunicacións de San Petersburgo. Ademais, celébrase o bicentenario da produción de armas na cidade rusa de Izhevsk.
O Kalashnikov, xunto co coche de Ford e o aparato aéreo dos irmáns Wright, encabeza a lista de 30 inventos do século XX que cambiaron radicalmente a historia da humanidade.