Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Resposta a unha iniciativa parlamentaria do BNG

Un colectivo da Garda Civil fará "campañas de desobediencia" se lles obrigan a usar o galego

A Unión Federal de Gardas Civís non só subliña a súa oposición a que os axentes redacten denuncias en galego senón que promoverá "activamente" a desobediencia ao respecto.

Redacción - 09:30 09/08/2007

Seica a "mobilidade xeográfica" á que están sometidos os membros do corpo de gardas civís é argumento para que os axentes non sexan capaces de dominar a lingua propia do lugar onde exerzan. Así o opinan desde a Unión Federal de Gardas Civís, UFGCS. "Dificilmente se lle pode esixir a todos os axentes que coñezan todas as linguas do Estado", aseguran desde este colectivo.

Por este motivo, acaban de facer públicas belixerantes afirmacións ao respecto da iniciativa parlamentaria promovida no Congreso por Francisco Rodríguez, deputado do BNG, quen lle pedira ao goberno español que as denuncias da Garda Civil fosen redactadas en todas as linguas cooficiais do Estado.

A UFGCS sostén que non está en contra de que calquera cidadán presente a súa denuncia en galego, pero defenden que "non pretenda o BNG impoñerlle o uso da lingua galega aos funcionarios da Garda Civil". Por este motivo, o colectivo "defenderá os axentes no uso do castelán" e ademais participará "activamente" en "campañas de desobediencia" no caso de que se lexisle ao respecto. De paso, opinan que o Bloque teima en "facer da Constitución un texto á carta dos seus intereses partidistas".


1,71/5 (17 votos)


Comentarios (45)

OBSERVADOR #1 9/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Loliiiiii, vem cá, que há outros que querem incumprir a lei!

E olha que são incoerentes: são os encarregados de fazê-la cumprir!...

Total por duas letras de nada...

carqueixa #2 9/Agosto/2007 carqueixa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Levo 27 anos no CNP e podo dicir que hai de todo nas FF.CC.SS. Unha das cousas que aprendín é que os representantes sindicais din a súa opinión persoal coma se ela fose a de todo o colectivo, iso si, sen consultar o colectivo. (eu tamén pertenzo a un sindicato, e no meu de momento nunca ocorreu iso, se así fose dende logo que ao momento me dou de baixa).
Iso creo que é o que está a ocorrer neste caso, no que por certo véselle o plumeiro ao que da a opinión.
E como di o post anterior, a mágoa é que incumpra a lei quen a ten que defender.

Xiurisma #3 9/Agosto/2007 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si, loli, escribe un artigo sobre isto. ai! agarda, que cho vou dicir aos comentarios da túa opinión...

OBSERVADOR #4 9/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom, o que acontece é que o meu post vai com muita retranca.

Na realidade, todos incumprimos algo as leis, mas o que têm mais responsabilidades neste sentido (políticos, juristas, polícias e militares) as incumprem MAIS QUE NINGUÉM.

O de "Loliiiii" vai porque esta mulher, Loli Rodríguez, vem de acusar a outra mulher, Encarna Otero, de incompetente por promover a desobediência a uma lei que diz que devemos (os cidadãos) pagar-lhes aos políticos uma quantidade (elevada) de dinheiro de por vida, àqueles que tiveram um cargo de responsabilidade.

Assim servindo-se da desobediência às leis, uma senhora pede não aumentar as despesas de dinheiro dos contribuíntes entanto a GC pede não ter que usar a língua própria do lugar onde moram e servem à Lei.

É que há desobediências que servem aos cidadãos e a outras que os matam...

petopitopato #5 9/Agosto/2007 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

...a ignorancia non ten cancelas... non contentos con desobedecer ademáis non queren aprender. ¡Un cero!

Xistral #6 9/Agosto/2007 Xistral
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que se pode esperar dun corpo retrógrado coma ese (síntoo polas boas persoas que tamén hai dentro). Cheo, ademais, de analfabetos funcionais (en castelán e en galego). O que non entendo moi ben é como vai facer ese sindicato para obrigarlles a falar castelán a miles de gardas que só saben falar en galego.

Anxo #7 9/Agosto/2007 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por unha banda é normal que non saiban todas las linguas oficiais do estado, pero ben certo é que non teñen que adeprendelas, xa que agora van usar PDA's para escribir as multas polo tanto so necesitan un traductor que as traduza e logo imprimir. Agora sí, por min espero que non mas redacten en ningún idioma, hehehehe.

Manufontelidegolmar #8 9/Agosto/2007 Manufontelidegolmar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meu deus querido!!, esto ja é o último......O que imcumpla para a cadea. e nâo se fale máis.

xacataca #9 9/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lémbrolles, señores e señoras, que estamos a falar dun corpo de ocupación colonizador do Reino de España no noso país.

Paréceme estéril (e sorprendente que se dea en Vieiros; preguntádelle a un vasco en que idioma prefire que lle multe a Guardia Civil) o debate de se deben multar en galego ou en español.

Pois claro que queren multar en español! e os ingleses, en inglés, e os chinos, en chinés!

O que cómpre é un corpo de seguridade propio da Galiza.

Fóra as forzas españolas (militares e civís) do noso territorio nacional!

drml #10 9/Agosto/2007 drml
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non é lóxico que en Galiza non exista un corpo de seguridade propio que poda atender a xente na súa propia lingua.

A solución non é que os gardas civís aprendan, senón que sexan sustituídos.

lugote #11 9/Agosto/2007 lugote
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Polo que eu sei a maioría dos guardias civiles que hai en Galicia son galegos. Se foron á escola non han ter problema en escribir nin en falar en galego.

breogain #12 9/Agosto/2007 breogain
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si, galegos polo carallo, eu topei hai uns anos cun par deles que lles molestou que lles falara en galego, si, eran andaluces e dician que lles falara "en cristiano" que non entendian o meu idioma...(sic), a garda civil foi sempre un corpo represor e como din por ahí arriba, os galegos e galegas precisamos de institucións civis ou militares galegas.

Tino #13 9/Agosto/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu vou desobedecer o pagamento dos impostos para q non vaian para estes insubordinados.
Por certo, caeralle todo o peso da lei? Pois non, pq xa non o cumpre a policia autonómica!

OBSERVADOR #14 9/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De instituições militares NADA!!!!! por muito galegas que forem.

DISSO NADA!!!

E os picolos espanholaços, a aprender galego! quem lhes tira o direito?

denis #15 9/Agosto/2007 denis
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu estou totalmente en desacordo coa proposta. Creo que o que se debería facer era obrigarlles a aprender a escribir.

De todas formas, eu non lle volvo facer caso a un garda civil na vida!

lenin #16 9/Agosto/2007 lenin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Viva españa, viva el rey, viva el orden y la ley, viva la guardia civil! Ups la ley ya no, que ahora la hacen los rojos. Va haber que dar otro golpe de estado.
XD

Picheleiro #17 9/Agosto/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Sabedes por que a Garda Civil vai en parellas?

...............

Por que un é o que sabe ler e o outro o que sabe escribir.

Pero en español, eh, en español. A ver que vai ser isto.

Picheleiro #18 9/Agosto/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Apúntome a que se aplique a proposta de "Loli" e do "compañeiro" Ricardo Varela a este asunto: "Señores y Señoras guardias civiles: si no están de acuerdo con esto, dimitan".

alberte #19 9/Agosto/2007 alberte
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

se se tratase de ir mallar nalguén seguro que eran os primeiros en apuntarse. Pero desta volta, do que se trata é de falar en galego.

Gaviotero #20 9/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ningún funcionario está obligado a redactar nada en gallego. Y menos todavía la Guardia Civil.

Salvo que se le ponga delante Antonio Losada diciéndole a un guardia civil, cara con cara, y con tono agresivo eso de: "Usted no sabe con quién está hablando..."

carlinhos21287 #21 9/Agosto/2007 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e menos a "guardia civil"??? pero que teñen estes un estatus especial???? se estan en Galiza teran como minimo que coñecer os dous idiomas oficias.... que minimo.....

Xeonllo #22 9/Agosto/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu coido que o que dixo Encarna Otero non era incumprir a lei, aínda que podo estar equivocado, mais coido que propuxo non aceptar ese cobro abusivo, que os beneficiarios non o aceptasen.

¿Non foi iso?

aovellaquemira #23 9/Agosto/2007 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Asino debaixo do comentário de xacataca.

OBSERVADOR #24 9/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xeonllo, levas razão. O que se passa é que se tem rango de Lei, então deve-se cumprir.

Isso sim, a Lei de NormalizaCIÓN pode ser incumprida quantas vezes fizer falta...

E mesmo a ConstituCIÓN pode ser incumprida (por exemplo nestas últimas oposições). Mas disso ninguém diz nada.

guillerme #25 9/Agosto/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xacataca tés toda a razón, isto que fan os ´´Guardias Civiles`` non debe sorprender a ninguén, ao fin e ao cabo a súa única función en Galiza é velar polos intereses de España neste país que eles consideran a súa colonia. Polo tanto, o que se debe facer non é obrigarlles a falar o galego senón botalos fóra da nosa patria e instaurar unha policía galega (e por deus que sexan máis competentes que as policías españolas, non é difícil).

Sara_Mago #26 9/Agosto/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Atençom, porque o que temos aqui pode ser o germolo dumha organizaçom paramilitar de corte fascista. Comezam ameazando com imcumprir as leis, com declarar um autarca pessoa nom grata,... Ja veremos ate onte chegam.

Gaias #27 10/Agosto/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que nos faltaba por aturar. Os gardas civis metidos na politica!!
Que se adiquen a traballar e se non estan agusto nesta terra ou coa nesa lingua xa saben, PORTA, que vaia para outra parte, que emigren,etc.
Ou mellor que lles desconten os gardas civis da nomina o correspondente os cidadans galego parlantes, pois nos pagamos impostos igual e temos dereito a que os funcionarios en Galiza nos atendan en galego.
Ou e que os galegos que tiveron que emigrar trala dictadura franquista non tiveron que coñecer as linguas dos paises os que ian vivir e traballar?.
Fora fachas da Galiza!.

Gaias #28 10/Agosto/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Repito, igual que eles poden ter a libertade de desobedecer a lei e non falar ou escribir en galego en Galiza. Nos non podemos decidir libremente que se marchen da Galiza?.

Gaias #29 10/Agosto/2007 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que pasou, non escoitei a ningen do PP defendendo os intereses dos galego-parlantes, claramente atacados. Ou e que pra facer de altavoz dos pais que non queren que os seus fillos estudien na lingua do pais si estan,e nos falan da libertade,etc pero canto os gasdas civis queren incumplir a lei e desprecian desta forma a nosa lingua, enton e algo normal e non se vulneral nunguns dereitos?.
Logo que nos veñan a falar alguns de imposicion do galego, cando se hai unha lingua imposta en Galiza dende seculos e a lingua de Castela.

LOIS_DE_SILAN #30 10/Agosto/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu xa sei que a Garda Civil nunca destacou polo seu dominio do ordenamento xurídico; mais, deberan saber que o artigo 14 CE os obriga, sen necesidade de que o BNG o pida!, a usaren analogamente as distintas linguas españolas oficiais nos seus respectivos territorios propios: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usar tamén o castelán, lingua común a estes efectos, con quen lexitimamente descoñeza aínda a lingua territorial propia respectiva distinta do castelán.

O anuncio de desobediencia á Constitución feito terá, cando se concrete, a correspondente sanción penal ou disciplinaria segundo o caso.

Por outra banda, convén salientar que o cumprimento do ordenamento por parte dos membros da Garda Civil non implica coñecer todas as linguas oficiais do Estado español; senón, só aquelas que sexan oficiais no territorio no que presten servizo. As mentiras acáenlle moi mal á imaxe do corpo!

Asemade, convén ilustrar a algúns garda civís asociados que a "IMPOSICIÓN" das linguas oficiais (castelán e mais as outras!) ven establecida no ordenamento xurídico vixente (nomeadamente no artigo 3 CE!). A ignorancia maliciosa tamén lle acae moi mal á Garda Civil!

Por último lembrar que non existe a obriga de ser garda civil. Quen decide ser garda civil sabe que queda especialmente obrigado a respectar o ordenamento xurídico vixente!

IgnacioMargall #31 10/Agosto/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.youtube...

Gaviotero! Escucha a tu abuela! Sabemos que tenemos que pasar este banyo de sangre, pero el Sagrado Corazon de Jesus nos ayudara!

Barcelos #32 10/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que a Guardia Civil fale galego como a seda,
Guardia Civil queda

Barcelos #33 10/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Guardia Civil que faga o que queira. Galicia ten que ter xa unha policía autonómica. Que nos mallen os de aquí con pau de carballo.

O_Castrexo #34 10/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Entón no co próximo novo estatuto o que teremos que facer é botalos fóra, non? Hahaha

Policía autonómica galega! e estes ao paro por listos.

Barcelos #35 10/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vexo que o entendiches

ecoe #36 10/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ningunha, a anatómica para vós!

OBSERVADOR #37 10/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NENHUMA POLÍCIA! nem galega nem espanhola nem usamericana.

O_Castrexo #38 10/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como non? o_O

E como se garante a seguridade cidadá? Os comunistas sodes ben raros.

Barcelos #39 11/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Armando á xente, como Charlton Heston.

A min tampouco me gusta a policía, pero teño que admitir que sen policía isto sería un caos.

Outro distinto, pero un caos.

Aos comunistas da URSS gústalles a KGB e aos de Sudamerica as brigadas militares e paramilitares.

OBSERVADOR #40 11/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu prefiro o caos desconhecido que o mau conhecido.

Não à polícia!

Gaviotero #41 12/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por más que algunos se empeñen en decir lo contrario, la Guardia Civil, como cualquier residente en Galicia no tiene ninguna OBLIGACIÓN de hacer uso del gallego. Ni siquiera la tienen los funcionarios de la Administración gallega, por más que se empeñen en dar a entender lo contrario los amigos bloqueiros del totalitarismo.

La única lengua cuyo deber de conocimiento existe en Galicia, es la española.

La lengua gallega tenemos el derecho a usarla cualquiera de los gallegos (y los no gallegos si quieren también, faltaría más...), pero nada más.

Lo cual es lógico tratándose de una lengua que es la tercera de la Comunidad Autónoma, por detrás del castellano y el castrapo.

teixugo #42 12/Agosto/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ni-nha-da de RATOS!!

xacataca #43 13/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, ti a única lingua que usas é a bífida como as serpes. E na piña aldea as víboras cortóuselles de sempre a cachola.

Chorimica o que queiras, mais agóiroche un mal resultado nas vindeiras eleccións e a túa caída no pozo do esquecemento.

O teu partido facha vaite repudiar, e verás -dende fóra- a fin do PP na Galiza.

Gaviotero #44 13/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Efectivamente, xacataca el fin del PP en Galicia está cerca. En las últimas autonómicas ya quedamos...¡ah! ¿cómo? ¿Que le sacamos más de 10 puntos al siguiente partido? ¿Que triplicamos a los nacis? ¿Que sólo en Vigo el PP tiene más afiliados que el BNG en todo el mundo?...

Perdón, tacataca, esperaré una década o dos para contestarte lo que te iba a contestar, a ver si para entonces...:)

xacataca #45 13/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Frío, duro e longo é o camiño da oposición.

Votos, muitos; poder, cero.

Escoce, Gaviotero, xa o sei. Mais vaste que ter que aguantar mentres o arredismo medra en Galiza e ti vas ter que marchar para o exilio.

Ningunha agresión sen resposta!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: