A nova revista de humor galego tamén emigra e chegará esta fin de semana á capital catalá.
A presentación da Retranca na Galería Sargadelos estará a cargo dos humoristas galegos Kiko da Silva, director da revista, e mais o colaborador residente en Barcelona Alberto Guitián, que falarán do novo proxecto satírico galaico que queren compartir mensualmente tamén coa diáspora galega.
A publicación leva nos quioscos galegos dende primeiros de mes cunha tirada de 8.000 exemplares nos que ofrecen, entre outras brincadeiras, unha foto do Rei para espertar as "paixóns máis ardentes" e unha análise retranqueira da praga do feísmo. E todo baixo un lema e aviso a ter moi en conta para evitarmos romarías: "lerasnos de morto se non nos les de vivo!".
O acto na galería barcelonesa vai ser, segundo nos avisan o humoristas da Retranca, "a primeira presentación galega onde non haberá comida". Cumprirá, logo, ir ben xantados.
Presentación da revista de humor galego Retranca en Barcelona
A cargo de Kiko da Silva e Alberto Guitián.
Sábado, 1 de decembro de 2007, ás 18 h.
Galería Sargadelos
Provença, 274-276 | 08008 Barcelona
Tel.: 93 215 03 68
Pois se non hai comida non vou.
Pois non che sei, BonKarallan, se isto da bebida e da comida che ten moita retranca ou se os galegos barceloneses non merecen ser alimentados (houbo comida na presentación en Santiago?) ou se na Retranca pensan que en Barcelona todo se presenta con comida (eh! os de Barcelona, qué? (1 pregunta total!!).
O que si me chista máis e me parece retranqueira é a imaxe da ghicha que teñen na Retranca coa presentación do primeiro número
(http://revistaretranca.blogspo...
que parece a marula que sempre está en primeira liña das rebaixas na apertura de portas no C..., ai!, duns coñecidos almacéns da pz Cataluña de Barcelona.
http://www.elpais.com/articulo...
A Retranca nas rebaixas de Barcelona e alí que non se enteran (Barcelona, que!)
A ghicha marula nas rebaixas e na Retranca, que antes non deu chegado, nos tempos...
http://revistaretranca.blogspo...
Ten boa pinta a revista, pero se non me pon AVE desde Betanzos a Barcelona, non podo ir...
...Pero a mercarei aquí, seguro