Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para aniquilar o PKK

Turquía lanza unha gran ofensiva terrestre no Curdistán iraquí

Estados Unidos foi informado da operación -que cualifica de "duración limitada"-, non así o goberno de Iraq.

Redacción - 13:42 22/02/2008

O Exército turco lanzou na tardiña desta quinta feira (19.00 horas, unha hora menos en Galiza) unha ofensiva terrestre, con apoio aéreo, no norte de Iraq co fin de atacar as bases dos rebeldes do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), segundo informou o Estado Maior turco.

Na operación participan arredor de 10.000 efectivos. O Exército de Estados Unidos confirmou esta operación de "duración limitada" e o goberno de Iraq asegurou que non foi informado.

"As forzas armadas turcas, que conceden gran importancia á integridade territorial e á estabilidade de Iraq, regresarán a casa no menor prazo posíbel en canto os seus obxectivos sexan alcanzados", sinalou o Estado Maior nun comunicado difundido a través da súa web.

Danos colaterais
"Turquía deu garantías de que fará todo o posíbel para evitar danos colaterais a civís inocentes ou a infraestruturas curdas", afirmou nun comunicado un portavoz do comando estadounidense en Bagdad, o almirante Gregory Smith.

A Unión Europea e Estados Unidos expresaron a súa preocupación pola posibilidade de que unha importante ofensiva transfronteiriza desestabilice a rexión, mais non criticaron as intervencións a pequena escala efectuadas nos últimos dous meses.


5/5 (4 votos)

Comentarios (7)

aovellaquemira #1 22/Febreiro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A UE cala, consinte ante um genocídio de livro... Espanha já não digamos: comprende bem a postura turca. Por se a tem que empregar no futuro.. Quem é/som os terroristas? Que podemos fazer?

ecoe #2 22/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como tódolos exércitos "farán o posible por evitar..." mais logo UTILIZAN A PRESIÓN SOBRE A POBLACIÓN CIVIL, e nesta como noutras ocasións, a presión é o ASASINATO. E logo nos lles acai qasue llo espeten na cara, porque están reconvertidos (en ONGs caritativas).

Toda a historia e o Golpe de €$tado de Franco de 1936 lévannos amosado xustamente o contrario do que DIN QUERER FACER E ACADAR!

ecoe #3 22/Febreiro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como tódolos exércitos "farán o posible por evitar..." mais logo UTILIZAN A PRESIÓN SOBRE A POBLACIÓN CIVIL, e nesta como noutras ocasións, a presión é o ASASINATO. E logo nos lles acai que llo espeten na cara, porque están reconvertidos (en ONGs caritativas).

Toda a historia e o Golpe de €$tado de Franco de 1936 lévannos amosado xustamente o contrario do que DIN QUERER FACER E ACADAR!

Barcelos #4 22/Febreiro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O día que Turquía sexa aceptada na UE acabouse, e España é un dos países que máis apoia o seu ingreso.

Ghaviotero #5 23/Febreiro/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E haberemos de ter a estes colgados na Europa? Turquía democrática, e logo, veremos se entran na Europa..

guillerme #6 23/Febreiro/2008 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MORTE AOS INVASORES ESTRANXEIROS! VIVA O KURDISTAN LIBRE!

BonKarallan #7 23/Febreiro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bush abriu a porta e entran todas as hienas a picar e a matar. ¡¡Fora todos os invasores!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: