Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO A MESA, CIG e AS-PG

O decreto para a normalización do galego no ensino é "papel mollado"

Afirman que a Consellaría de Educación non se está a preocupar dos incumprimentos que se dan na maioría dos centros.

Redacción - 14:00 13/03/2008

O decreto de galeguización do ensino non universitario, aprobado polo Consello da Xunta en xuño do ano pasado non se está a aplicar. Así o denunciaron este xoves nunha conferencia de prensa en Compostela Carlos Callón, da Mesa pola Normalización Lingüística; Anxo Louzao, da CIG-Ensino; e Xoán Costa, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Os representantes das tres entidades acusan á Consellaría de Educación de non ter o mínimo interese polo cumprimento do decreto.

As tres organizacións coinciden en sinalar que o fracaso na aplicación do decreto é responsabilidade exclusiva do departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón. Cando xa transcorreu a metade do curso, a consellaría non promoveu o coñecemento do decreto entre o profesorado. Anxo Louzao subliñou que os docentes non están a recibir ningún tipo de formación específica para que poidan aplicar a normativa con éxito. Mais os problemas son tamén estruturais xa que nestes momentos a consellaría non dispón dunha subdirección xeral de Normalización Lingüística que poida asesorar aos centros e tamén velar polo cumprimento do decreto nos mesmos.

A insubmisión non se penaliza

Os representantes dos colectivos sinalaron que a inmensa maioría do profesorado é proclive á aplicación do decreto. Porén, tamén recoñeceron que hai casos puntuais de “insubmisión” deliberada ao decreto. Así o propio Carlos Callón sinalaba que era incomprensíbel que as autoridades educativas non requirisen aínda a algúns docentes que indicaron por escrito que non cumprían o decreto.

O propio Anxo Louzao fíxolle unha advertencia a Educación, se non se toman medidas antes de que remate o curso para corrixir a situación vanlle pedir aos equipos de normalización lingüística que presenten a súa dimisión como medida de protesta.


5/5 (32 votos)


Comentarios (30)

Tino #1 13/Marzo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E q ben lle van as cousas, vai haber q facer como o psoe, prometer e logo non cumprir: é a única maneira de q che voten masivamente...

Xeonllo #2 13/Marzo/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Absolutamente papel mollado. Para que logo diga Rajoy que aquí se discrimina o castelán. Hai que estar bébedo para dicir iso.
E a administración autonómica non se preocupa por elo. Non se preocupaba nada a anterior, que realmente o que quería era a desaparición do galego, mais a actual non lle dá a menor importancia na realidade. ¿Como lla van dar se os propios políticos do bipartito, incluídos a maior parte dos bloqueiros, destrozan eles mesmos o idioma?

petopitopato #3 13/Marzo/2008 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

há que apostar máis que nada por un traballo de convencemento e estímulo entre o profesorado... a obriga pura e dura so cria máis resistencia... (ainda que sí habería que recordarlles de vez en cando o contido da lei e a súa obrigación de cumprila )

croiosdetector #4 13/Marzo/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coitadinhos...

Pensades que por haver lei há avanço? E nao será melhor provar o modelo basco, com 3 percursos linguísticos, e que após mais de 25 anos resulta que agora o modelo preferido é o modelo D (majoritário em euskera).

O 50% nom garante que aumentem os usos do idioma. Só os percursos sim. E nom vai haver guetos mas ao contrário. Porque aqui nom há problema como no País Basco de linguas muito distantes.

Venha, outros 25 anos esperando para que se cumpra o decreto. Quem dentro do nacionalismo galego vai dar contas deste fracaso???

Tudense #5 13/Marzo/2008 Tudense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Perante a questom da língua as expectativas eram altas com esta nova Junta bipartita, esperava-se que o impulso que presissava e precisa o nosso idioma fosse negociado com claridade polo Bloco já que no PSOE nom se podiam depositar nenhuma esperança neste sentido. O BNG está a falhar mais umha vez, ademais falha no cerne da sua razom de ser já que o nacionalismo galego, afortunadamente, tem umha base cultural e nom étnica ou religiosa.

Se cadra é que Quintana prefire criar umha rede clientelar arredor do Sistema Galego de Bemestar e nom defender a língua que é menos popular. No debate a três com razom das autonómicas nem pio sobre o particular mentres Ana Pastor berrava em Vigo: "Viva Galicia Bilingüe" e os enfervorizados seguidores respostabam com afam: Libertad, Libertad....

Que negociaçom se fixo na Corunha? quanto tempo mais vai seguir a Avenida de Arteijo ou a Calle Forcarey campando às suas anchas com um governo municipal compartilhado polo BNG? escuitei que Tello dixo que tampouco tinha porque falar todo o dia galego. Enfim com este panorama nom sei como se apanhou Paco Vazquez para se levar mal com o Bloco.

Sabrexo #6 13/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que malo é o Bloque, Tudense, tenche a culpa de todo, mesmo da actuación dos demais partidos: e sobre todo o que dis de que non condena o Holocausto, que ben informado estás.

aovellaquemira #7 13/Marzo/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não nos trabuquemos. O Bloco não fará as cousas todo o bem que deveria ou poderia, mas o resultado deste fracaso lingüístico-educativo é um suceso exclusivo do PSdeGa. REPITO, DO PSdeGa. Não do PP, não do PPdeGa, nem sequera do PSOE, e não desde logo, do Bloco. A Conselheira de Educação (PSdeGa), a Secretária de Política Lingüística (PSdeGa), Mendez Romeu (PSdeGa), e Tourinho (PSdeGa): PSdeGa, com o aplauso e beneplácito do PPdeGa e a eufória do PP, estam conseguindo o que buscabam.
De pouco vale culpar a mestres individualmente, ou a Centros de Ensino concretos. Se a Secretária de Política Lingüística e a Conselheria de Educação quixesem e lhes deixasem, o Decreto cumpliria-se. Mas não estam para isso precisamente.
O partido político mais espanholista da Galiza e na Galiza é o PSdeGa. Até o PSOE, ensinado pelo PSC, tem menos prejuízos para com a língua.
Para cando a recepção das TV's portuguesas/brasileiras ou o português como segunda língua extrangeira??? Com o PSdeGa e Touriño: NUNCA.

en_galego #8 13/Marzo/2008 en_galego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e non será papel "mexado" xq como di o dito mexan por nos e hai qu dicir que chove.

http://www.blogoteca.com/en_ga...

mceleiro #9 13/Marzo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O verbo "demitir" existe na política galega?

#7. Evidentemente a culpa é do PSdG, mas o BNG não está exento. Quando pactou, cometeu erros inadmisíveis. Como pudo deixar Política Linguística dentro de Presidência?. Deixar absolutamente todas as competências em língua nas mãos do PSdG?. Ademais uma e outra vez demostra que dentro do bipartito não tem a mais mínima autoridade. Nem na Junta nem nos concelhos. Tragar o que seja com tal de que o amo os deixe senta ao seu lado. Só os do BNG de Lugo tiveram a dignidade de não pactar com o Orozco baixo condições inadmissíveis.

Com a língua já se sabia. Diz o refrão galego "tras dos peidos vem a merda"...

A dúvida é se alguém vá fazer algo ou deixaremos que estes amantes do galego colocados nas instituições o rematem.

Garrano #10 13/Marzo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois si mceleiro, hai que facer algo. Eu para empezar lembro o discurso paternalista que esgrimían algúns hai pouas semanas diante dos actos de GB: -Deixaos facer que é eleitoral! -Iso logo das eleccións desinchase!!! -Non lle fagades propaganda con contramanifas!

Pois ben, agora pasaron as eleccións e a merda de GB continúa aí co respaldo e apoio de LVG, Faro de Vigo, Localia e moitos outros media, e que temos diante? O MES DAS LETRAS, O MES DE MAIO CO SEU DIA DAS LETRAS.

Que fan todas as asociacións que se teñen mobilizado pola lingua ou que formalmente apoian a lingua diante da 1ª ofensiva social contra do galego que se deu no Pais? Unha rolda d prensa? para denunciar que a conselleira non fai cumprir o decreto? Podo eu dar nomes de moitos votantes da CIG ou até afiliados que se pasan o decreto polo forro da cona ou do carallo! A que andamos?

Hai poucos anos até CCOO ía as manifas convocadas pola mesa e co galego e coa normalización lingüistica estaban formalmente a inmensa maioría do tecido asociativo galego. Para cando unha demostración de forza? Para cando unha movilización rela pola lingua? Para cando van sair esas sinaturas que seica están a recoller os da Mesa a prol do cumprimento do decreto?


Xa vimos aos PPeros moverse e contra do galego recollendo sinaturas contra o decreto. Quen viu aos da mesa? Quen viu aos galeguistas, aos nacionalistas? aos independentistas? a xente da esquerda? a xente de calquera ideoloxía comprometida coa lingua? alguén os viu a recoller sinaturas?

HABERÁ ESTE 17 DE MAIO UNHA MOBILIZACIÓN HISTÓRICA POLA LINGUA EN RESPOSTA A OFENSIVA QUE ESTAMOS A PADECER?

Garrano #11 13/Marzo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E cando falo de votantes e miliatantes da CIG estoume a referir a CIG ensino non a federación do metal ou da banca!

LOIS_DE_SILAN #12 13/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O decreto do galego foi papel propaganda desde o principio. Algúns quixeron darlle valor para agora queixárense como xeito de xustificaren a súa actuación desnortada.

A violación dos dereitos lingüísticos na Galiza évos masiva en todos os eidos, ... tampouco vos ten maior relevancia centrarse no ensino mentres se esquecen do resto do universo dos usos lingüísticos.

A Mesa contenta, a CIG contenta, a AS-PG contenta de denunciaren o que todos sabemos; mais, abonda a denuncia ou corresponde facer algo distinto? Coido que o problema segue sen ser ben formulado!

Sabrexo #13 13/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Garrano pode non andar desencamiñado, se cadra podía facerse unha gran mobilización polo galego no Día das Letras.

Garrano #14 13/Marzo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A dinámica de "denuncia" sobre incumprimentos dos decretos ou agresións puntuais aos galegofalantes non fai áis que contribuir a desvirtuara o panorama real que padecemos. Eu no meu dia a dia no traballo nunha cidade galega fago frente todos os dias a xorna, desprezo e actitudes contestatarias dos que non soportan ter un interlocutor galegofalante nos negocios, nos despachos e na administración e non lle estoua a dar o parte todos os dias a Mesa, e creedeme hai casos pra flipar mais non quero facer da miña vida e do meu traballo un reality show. Da mesma maneira que me acontece a min acontecelle a moita outra xente polo simples feito de non querer claudicar diante da prepotencia e arrogancia de moitos castelán falantes en moitas situacións diarias, sobre todo no entorno laboral. Que facemos? Queixamonos a Carlos Callon e engrosamos as estatisticas de denuncia da Mesa? Non creo que estea de máis a denuncia, sobre todo en casos fortes coma despidos ou mobbing laboral mais estase a facer algo realmente?

OBSERVADOR #15 13/Marzo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Segue sem ser bem formulado? Lois, se isto fosse um problema de geometria e tivéssemos que achar a solução a X pode que valesse o teu comentário. Ora, nem isto tem solução matemática nem está mal formulado. Olha aqui:

http://www.agal-gz.org/modules...

LOIS_DE_SILAN #16 13/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

OBSERVADOR!, cando teño tempo leo con atención os comentarios que verbo da lingua galega ti ou outros facedes en Vieiros.

Lin o teu comentario anterior e mais a información da ligazón que deixaches.

Só quero lembrarche que o "problema da normativa" é un problema do galego na Galiza; mais, non che é "o problema do galego".

Un saúdo!

OBSERVADOR #17 13/Marzo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lois, trata de não te centrar no "problema da normativa" e lê aquele texto de novo perguntando-te: «Por que raio teve que haver estes problemas? De onde eles sairam? Por que não se puseram de acordo com um assunto tão pouco transcendente?» Se calhar assim tiras mais proveito.

E concordo, a "normativa" não é "o problema".

LOIS_DE_SILAN #18 13/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

OBSERVADOR!, para facerse esas preguntas e obter as correspondentes respostas non che é necesario ler novamente aquel texto.

Outro saúdo!

Gaviotero #19 13/Marzo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Yo ni cumplo ni cumpliré jamás este decreto que vulnera mis derechos fundamentales.

Barcelos #20 13/Marzo/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#19 Tes dereito a permanecer calado e a non falar se non é en presenza do teu avogado. Así que che recomendo que exercites ese dereito.

Mellor é que cres un novo blog e nos deixes tranquilos.

E a ver se tes un pouco de personalidade e sabes cales son as túas ideas, porque os teus xefes andan un pouco revoltos e non se deciden. Losantos e Pedro J.Ramirez onde dicían fóra Mariano agora din que dentro. Zaplana se quere ir. Esperanza non quere ser presidenta. Gallardón tampouco. Acebes non sabe onde meterse...

Ao tempo. Volverá Aznar, persoalmente ou a través de Ana Botella. O sexa, haberá PSOE ata o 2020.

Sabrexo #21 13/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aí, aí, Barcelos. É que non pensan dimitir Joméiniz Losantos e Pedro Ojete, artífices da estratexia que levou o PP á derrota?

teixugo #22 14/Marzo/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...

CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)

laurinha #23 14/Marzo/2008 laurinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

há uns dias Alexandre http://www.vieiros.com/opinion... apontava o que agora diz a Mesa
"O Decreto do Galego no Ensino, é o primeiro dos mandatos que correspondem ao plano de Normalizaçom Linguística elaborado polo Partido Popular e abençoado coa unanimidade das demais forças políticas parlamentares. Esse Decreto sobre a língua nacional da Galiza no ensino, é um autentico desideratum que o PSOE desde o seu controlo da política educativa, de jeito muito fraco quer levar avante, de aí que no ensino qualquer pode ser ensinante em galego, cousa muito curiosa. Nom existem perfis linguísticos para o professorado e para os centros no seu sistema de traslados e promoçons; também nom se exige ao professorado que se cumpra o arigo 33 da Lei 4/88 da Funçom Pública da Galiza no seu sistema de acesso e desenvolvimento do seu trabalho, coa bençom sindical, todo há que dizê-lo; e as normas internas da inspecçom som, nisso do galego, passar nos bicos dos pés nos seus incumprimentos maciços.·"

E a mim ninguém me explicou isso que punha da bençom sindical?

Laurinha

laurinha #24 14/Marzo/2008 laurinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Poderia o Sr. Louzao elucidar a questom?

moledo #25 14/Marzo/2008 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo com #11, o número de filiados à CIG-Ensino que dá aulas em castelhano é inúmero. O sindicalismo neste pais é demasiado benevolente consigo próprio, corporativo, (autocrítica zero) e agressivo com todos/as os que não formam parte do seu grémio. Não estou a defender, é claro à Piñón, unicamente constato que aqui existe, pelos vistos, uma nova caste que é indulgente e protectora com os seus filiados (embora divulgadores do espanhol entre o alunado galego) e que depois faz depoimentos como este sem nenhum rubor, já sabemos, o inferno são sempre os outros.

OBSERVADOR #26 14/Marzo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vamos ver, a língua não dá votos. Obrigar a outros a usá-la é ficar mal. Os sindicatos não se vão pôr nessa linha. Eles querem votos, e para isso devem comprazer os votantes. Porque os votantes EXERCEM de votantes, claro...

O resto é decorado.

Garrano #27 14/Marzo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou dacordo co que dis, OBSEVADOR mais difiro nalgunhas cousas. Unha cousa nun sindicato son os votantes e outra os filiados e entre os filiados hai membros dun comité de empresa e aí xa vai sendo hora de reclamar, que non obrigar, certa coherencia lingüistica. Hai meses escoitei na radio galega falar a un responsabel de zona, cóido que provincial da CIG-Sanidade falando para os media nunha rolda de prensa en español, expliando daquelas as razóns das reivindicacións nunhas mobilizacións no sector. No BNG coma en calquera outra organización política nacionalista, a coherencia lingüistica debe ser esixibel e así era hai uns anos cando eu militaba no BNG.

Logo esta iso de que a lingua non dá votos, stricto senso, non o subscribo. A lingua dá votos desde o momento en que organizacións non comprometidas coa lingua coma o PSOE fan case que enteiramente a sua campaña eleitoral en galego, curiosamente tamén acontecía o mesmo co PP até as últimas eleccións. Logo esta o amplisimo sector da nosa sociedade que vota poder, hai moita, moitisisma xente en Galiza que vota ao que manda que atopa non sei o que en apostar sempre polo cabalo gañador. Pois ben, a percepción social do avance do galego en ámbitos até o de agora sen presenza da lingua, sobre todo no ámbito institucional dá apercepción xeraql de que quen gaña poder é o nacionalismo que participa das institucións. Se o BNG chega a un acordo de goberno co PSOE a nivel de estado debería esixir que toda a propaganda ministerial na GZ sexa en galego, moitos percibirán que é o BNG quen corta o bacallau.

Gaviotero #28 14/Marzo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Barcelos, en democracia TENGO DERECHO A EXPRESARME LIBREMENTE, aunque miserables totalitarios como tú pretendan que "permanezca en silencio".

Pero te vas a fastidiar, porque las botas nacis jamás podrán hacerme callar.

Respecto a esos que llamas mis "jefes", pueden opinar lo que les plazca, porque en la derecha somos libres para opinar lo que creamos, sin servidumbres, sin subvenciones, sin lavados de cerebro.

Esto, definitivamente, no es el nacionalismo gallego. A dios gracias...

Garrano #29 14/Marzo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gabi, calquera diría que comiches carne e ainda por riba en venres. Calmate oh! que para libre expresión sobranche foros galeguistas onde te esplallar. Outros coma min no blog de Elentir, Contando estrelas ou Coruña liberal, por poñer algún exemplo, vemos como as nosas mensaxes duran menos que un paquete de ghaldrupadas a porta dun colexio.

Estamos en tempo de recollemento, penitencia e meditación e até os musulmáns respectaban a Pascua critiá en tempos de Gherra Santa. Predica co exemplo!

OBSERVADOR #30 15/Marzo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Garrano, digo o mesmo, estou de acordo mas difiro nalgumas cousas.

Vejamos: qual é o objectivo Ser ou Parecer? Se é só Parecer então avonda com a propaganda. Mas então, POR ESSA MESMA RAZÃO, o PSOE não deixará nunca grandes parcelas de propaganda ao BNG nem a qualquer outro partido galeguista.

Porém, se o objectivo é Ser vai haver que começar de novo porque a cousa não vai bem. Concretamente na CIG sabem bem quanta força faz o funcionariado contra os usos de galego na administração e nos centros de ensino. Não digamos nos hospitais.

Os sindicatos têm hoje a força que lhes dão os votantes e seus filiados, com efeito. Se os votantes e filiados não querem saber nada de língua, nada vão defender os sindicatos.

Sobre as campanhas em galego: fazem parte da Liturgia oficial. O galego (nunca português) é um símbolo válido só para algumas ocasiões. Para as cousas importantes já temos o castelhano, que é língua também nossa ainda que não "de noso", como diz um por aí.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: