Os primeiros resultados prognostican o cambio. Con case corenta anos no poder, Mugabe advirte de que considerará "intento de golpe de estado" calquera comunicación anticipada.
As primeiras cifras indican unha tendencia favorábel á vitoria do Movemento para o Cambio Democrático, formación opositora ao actual presidente Robert Mugabe e liderada por Morgan Tsvangirai. Representantes do MDC xa fixeron algunha declaración a axencias internacionais de prensa dando por feita a vitoria, malia as advertencias do presidente de que calquera declaración anticipada de triunfo se entendería desde o executivo como "intento de golpe de Estado".
De xeito paralelo, e ao tempo que avanza o reconto, a propia oposición e observadores internacionais avisan xa indicios claros de fraude nos que implican a partidarios de Mugabe, acusándoos de tratar de manipular a votación. Entre as denuncias está a da expulsión de representantes da oposición dalgúns colexios electorais xusto despois de que pechasen as urnas ou a da aparición nunha zona deshabitada da capital, Harare, de até 8 mil persoas inexistentes rexistradas no censo.Recomendamos o seguemento electoral en Cimbabue da BBC.
Cimbabue? Quem inventa estes nomes? Mas, postos a inventar qualquer cousa, nom deveria ser Simbabue?
Non esquezamos que Mugabe é un dos amigos internacionais de Chávez,que non mide a tódolos líderes mundiais coa mesma vara.Así como despotrica contra o xenocida Bush alíase co xenocida Putin.
Sara_Mago, parece mentira em ti. Não sabes que em "galego" é Cebra, Cebreiro, etc.? Pois então é Cimbabue.
Se fosse Zimbabue seria quase como em português.
RIP RAG