Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Cimbabue

Tanto Mugabe como a oposición atribúense a vitoria

Observadores internacionais confirman a existencia de fraudes.

Redacción - 09:00 31/03/2008

Á espera de que este luns se coñezan os resultados oficiais definitivos das eleccións municipais, presidenciais e lexislativas en Cimbabue, a tensión é máxima no país. Nun primeiro momento, a existencia dunha tendencia favorábel á vitoria do Movemento para o Cambio Democrático, formación opositora ao actual presidente Robert Mugabe e liderada por Morgan Tsvangirai, fixo que representantes desta formación deran por feito o triunfo.

Ao fío, o actual presidente Mugabe advertía de que calquera declaración anticipada de triunfo se entendería desde o executivo como "intento de golpe de Estado". Paradoxalmente, o propio Mugabe se atribuía posteriormente a vitoria. "Non temos costume de enfrontamentos de boxeo onde se pasa da primeira á segunda ronda", dicía Mugabe, "e aquí gañamos outro por k.o, así se fixo no pasado e así será agora". Con 84 anos de idade, Mugabe leva no poder desde hai case corenta anos.


De xeito paralelo, e ao tempo que avanzaba o reconto, a propia oposición e observadores internacionais avisaban de indicios claros de fraude nos que implican a partidarios de Mugabe, acusándoos de tratar de manipular a votación. Entre as denuncias está a da expulsión de representantes da oposición dalgúns colexios electorais xusto despois de que pechasen as urnas ou a da aparición nunha zona deshabitada da capital, Harare, de até 8 mil persoas inexistentes rexistradas no censo.

Recomendamos o seguemento electoral en Cimbabue da BBC.


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

baltar69 #1 1/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

coño, outra revolución? e de que cor será esta? andábamos no naranxa e acabamos de pasar polo morado dos monxes tibetanos. ahora cómo será esta contra o líder panafricano? de qué tono serán os próximos laciños de gonzalo de aristegui e de jorge moragas?
parece que o occidente democrático non descansa ante tanta ignominia. polo menos mentras non sexan hamas ou o partido de deus os que gañen as eleccións...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: