Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRMH

O 'Juan Canalejo' non é prestixio, é "unha incomprensíbel vergoña"

"Deixaron de ser referencia os centros 'Francisco Franco' de Madrid e Barcelona cando mudaron nome a 'Gregorio Marañón' e 'Vall D'Hebron'?".

Redacción - 09:00 03/04/2008

Non hai que ir até Madrid ou Barcelona, como é o caso dos exemplos anteriores, para atopar un caso de cambio de nome nun centro hospitalario deste tipo. Así, o hospital "Hermanos Pedrosa Latas", dous "coñecidos fascistas", segundo recordan desde a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), converteuse no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, o mesmo que o "Almirante Vierna" chámase hoxe Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do mesmo xeito que as cidades sanitarias bautizadas como "Francisco Franco" en Madrid e Barcelona e que foron rebautizadas respectivamente como "Gregorio Marañón" e "Vall D'Hebron".

"Deixaron de ser unha referencia, perderon estes hospitais o seu prestixio ou deixaron de ter un recoñecemento da comunidade científico-médica cando cambiaron o nome?", preguntan desde a CRMH, insistindo en que é "incomprensíbel e unha auténtica vergoña para A Coruña manter o nome de Juan Canalejo cando en todo o Estado buliron en desfacerse destes nomes de escuro recordo.

A Consellaría de Sanidade recibiu este mércores o rexistro formal da solicitude do colectivo para que o nome do centro hospitalario coruñés sexa modificado. A petición conta ademais co aval de numerosos sectores da cidade, incluídos os sindicatos CCOO, CIG, CNT e CGT. O documento "Pola dignidade e a xustiza" foille xa entregado hai tempo ao alcalde e a todos os grupos municipais. Agora, a CRMH agarda que en aplicación da lei da Memoria Histórica a consellaría de Sanidade "tome, á maior brevidade, a decisión política de cambiar o nome do Hospital Juan Canalejo". "É hora xa de abandonar supostos criterios técnicos ou administrativos para xustificar a situación actual ou atrasar a aplicación das leis", critican, chamando a que se trate o cambio de nome "como o que é: unha cuestión política, de xustiza, de dignidade, de recuperación da memoria histórica e de consolidación da democracia".


5/5 (7 votos)

Comentarios (9)

Tino #1 3/Abril/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E despois eliminación dos nomes fascistas das ruas da cidade da Coruña, Stgo, Vigo, OUrense, etc.

Sabrexo #2 3/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver cando remata esta vergoña do "Juan Canalejo"

Ghaviotero #3 3/Abril/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Coruña, aínda temos a rúa "General Sanjurjo". Cando a cambiará o PSOE?

Barcelos #4 3/Abril/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que un hospital áchase feito famoso cun nome non xustifica que este non se deba cambiar.

Tamén O Ferrol era famoso co nome do "El Ferrol del Caudillo" e agora a ninguén se lle ocorre manter ese nome, aínda que por iso non o coñezan no medio mundo.

Mellor que non che coñezan, a que che coñezan co nome dun fascista.

Alenco #5 3/Abril/2008 Alenco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa tratamos este tema outras veces aquí en Vieiros.

O de non querer cambiar o nome porque así é como o conocen en medio mundo (?) considero que é unha parvada.
Será máis fácil que a xente cando se queira referir ao Hospital de Coruña o coñeza por Hospital de Coruña (en calquera das súas variantes, Complexo Hospitalario Universitario, etc. de Coruña), que non por Juan Canalejo.
Acaso quen me pode decir o sobrenome do Hospital de Toledo? (que sí o ten). Pois é máis facil referirse a el por Hospital de Toledo, que por "Virgen de la Salud".

Pois nada, despois do CHUS de Santiago, e do CHOU de Ourense, agora tocalle o turno ao CHUCo de Coruña.

Biosbardos #6 4/Abril/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha pregunta. A xente sabe quen foi Juan Canalejo? Eu levo en A Coruña un ano e acabo de enterarme

luisfoz #7 4/Abril/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Juan Canalejo foi o líder mais importante de Falange na Corunha. Pertencia à chamada "primeira linha", os mais violentos que cometeram vários atentados antes da sublevaçom fascista. Por culpa deles ao se produzir a sublevaçom militar-fascista estava encarcerado em Madrid; por isso nom participou na repressom posterior (nom foi por falta de ganas). Penso que morreu em Paracuellos, nesses acontecimentos de que sempre estám a falar os franquistas e cuja explicaçom há que buscá-la na resposta indignada aos bombardeios da populaçom civil madrilena por parte da aviaçom fascista.

mil #8 4/Abril/2008 mil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os dop psoe deveriam explicarm

mil #9 4/Abril/2008 mil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os do psoe deveriam explicar o por que desses seus complexos cos nomes de franquistas. A lembrar que tamém a Conselharia de Educaçom anda com conflitos metafísicos por mor da retirada destes nomes dos centros de ensino. Será que no fondo se identifican com eles? Para quando um partido socialista na Galiza ao jeito do PSC catalám?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: