Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUTURO ENERXÉTICO

Fenosa: "Nuclear? Si, grazas"

Honorato López Isla, vicepresidente primeiro da empresa, aposta por esta enerxía, ao tempo que criticou o canon hidráulico da Xunta.

Redacción - 11:50 05/04/2008
Honorato López Isla

Honorato López Isla

O vicepresidente primeiro e conselleiro delegado de Unión Fenosa, Honorato López Isla, amosouse "partidario de desenvolver, coas debidas condicións, a enerxía nuclear", porque advertiu de que "é imposible cubrir todas as necesidades" coas renovábeis. Nunha conferencia en Santiago destacou que a nuclear é desde o punto de vista enerxético "boa", do sostíbel "regular porque os residuos están controlados, pero non resoltos", e do económico "bo".

O número dous de Fenosa contrapúxoa ás enerxías renovábeis, pois dixo que estas son "enerxéticamente regulares", pois "non se teñen cando se necesitan". "É imposíbel xestionar o vento e o sol; xestionamos un pouco a auga cos encoros e vén o conselleiro e ponnos un canon", ironizou sobre a intención da Xunta de penalizar a enerxía hidráulica polo seu impacto ambiental.

Honorato López Illa foi especialmente crítico coa solar fotovoltaica, pois cualificou de "despropósito" pagar sete veces máis por tela. Neste sentido, non se mostrou contrario ao seu desenvolvemento, "pero non á conta das demais".

Na súa opinión, para o futuro "farán falta todas as enerxías", as fósiles, a nuclear e as renovables, e alertou de que o gran reto "é a eficiencia", pois "é moi boa" desde todos os puntos de vista, enerxético, sostible e económico. Por iso, apelou a implantar "unha cultura" do aforro, pois lamentou que a luz nas casas "sexa un adorno" e o uso das calefaccións e o aire acondicionado "un despropósito".

Ademais, sobre as enerxías fósiles (petróleo, carbón e gas), que son as máis contaminantes, afirmou que os países emerxentes, sobre todo do surleste asiático, vanas seguir desenvolvendo, polo que avogou por "avanzar tecnoloxicamente" e trasladar esas melloras a esas zonas que incrementarán de xeito moi importante o seu consumo enerxético.


1,8/5 (5 votos)

Comentarios (10)

Gaias #1 5/Abril/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa so nos faltaba os galegos que nos trouxeran as nucleares (en que outro sitio seno as ian poñer). Coma se non tivesemos suficiente coas eolicas, hidraulicas, termicas, os prestiges,etc.

simplementeego #2 5/Abril/2008 simplementeego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vexo moi dificil que consigan traer enerxía nuclear a Galiza, o que si vexo moi factibel e o que di o último paragrafo:


"Ademais, sobre as enerxías fósiles (petróleo, carbón e gas), que son as máis contaminantes, afirmou que os países emerxentes, sobre todo do surleste asiático, vanas seguir desenvolvendo, polo que avogou por "avanzar tecnoloxicamente" e trasladar esas melloras a esas zonas que incrementarán de xeito moi importante o seu consumo enerxético."

Viva a autonomía dos pobos.

dalai #3 5/Abril/2008 dalai
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois do carbón (24%) á enerxía nuclear XA É a fonte máis usada por unión penosa (21%) aínda que na Galiza non exista unha brutalidade desas...

Xallundes #4 5/Abril/2008 Xallundes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A solar fotovoltaica é un despropósito, tendo en conta que a producción non está centralizada, nin físicamente, nin en mans de unha sóa empresa, non da para que un só leve os beneficios.
Se puidesen facer centrais solares da mesma potencia que as eólicas, e ó mesmo prezo, non se queixarían da tarifa actual.

Alberto #5 5/Abril/2008 Alberto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

puto morro que teñen algúns!

Carballo #6 5/Abril/2008 Carballo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A "cultura do aforro" que propicia D. Honorato é a de producir enerxía en Galicia e logo enviala ás comunidades autónomas de Madrid e Valencia despues de facer un percorrido por Portugal deixando polo camiño as perdas de enerxía polo transporte e o lixo da combustión d carbón e do gas. ¿É iso o que Vd. d. honorato chámalle aforro?
¡Viva a Galicia enerxética!

ecoe #7 5/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Honorato, Honorato
Non nos vendas, tan barato!

O lobby nuclear sempre a ver si incrementamos o negocio, sexa de calquera xeito que fora, con tal de incrementar beneficios, mais A ENERXÍA NUCLEAR NON SE PODE "DESENVOLVER CAS DEBIDAS CONDICIÓNS"!

Oéu, Ho-no-ra-to.

mceleiro #8 5/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A nuclear é excelente.

O senhor Honorato pode propor instalar uma nuclear na Avda. San Luis 77, Madrid, trazer a electricidade à Galiza e comer ele mesmo os resíduos. Mas que não se achegue depois por aqui. Que os cague também ali.

Vaia elemento. Galleguitodebien. E manda também em R...

Biosbardos #9 6/Abril/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai cousas nas que o estado tiña que meter man e esta é unha. Imos ver o señor Honorato, ten razón en que hai que desenrolar novas tecnoloxías e en que hai que crear unha cultura de aforro. Mais, quéixase da penalización da enerxía Hidráulica. Se case xa non temos ríos. Temos un circuito de embalses. Ademais o outro día falando cun coñecido chileno meu empezoume a falar pestes da fenosa porque lle meteran unha central hidráulica que destrozaba o río, e ademais só tiña 100 anos de rentabilidade e logo non servía para nada quedando o desastre ecolóxico. E xusto por iso ningúen montaba xa eses tipos de encoros.

Por outra banda hoxe en día Galicia é o transformador eléctrico do pais, non produciremos enerxía pero transformamos toda a que nos mandan. E aínda así pensan que Galicia é unha dinamo. A meternos parques eólicos nos montes e agora queren nas costas. E un pensa e que precísase da enerxía... Qué enerxía, se cando estudaba Bioloxía o noso profesor tirounos o mito das renobables en Galicia e amosounos un mapa coas localizacións con maior presencia de vento e o lugar onde estaban os parques eólicos actualemente e coincidían de milagre, Por outra banda as enerxías renobables non son rentables e aínda antes coas axudas por ter paneles aínda sacbas algo pero agora as axudas ían acabarse porque xa chegaran a cantidade de enerxía que acordaran subencionar

Hai que facer as cousas con sentidiño

ecoe #10 6/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

AFORRO ENERXÉTICO?

Deben querer dicir A FORRO ENERXÉTICO, isto é, cartos para o seu (forro) caixón.

Honorato López Isla, seguramente cristianísimo mesmo de familia (tanto ou máis que os Videla e outros)

Cándo unha sola e puñeteira vez o €$tado e as corporacións multinacionais eléctricas DERON UN SÓ EXEMPRO DE AFORRO ENERXÉTICO?

Daría risa, se non nos viñeran enriba!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: