O primeiro por lle gañar ao Ourense por só un gol, e o segundo por meterlle cinco tantos ao Negreira, por un dos locais. As incidencias: lesionouse Valerón.
Os de Miguel Lotina non tiveron piedade co único equipo de Terceira que conseguiu pasar a semifinais nesta Copa Galiza (e que nestes momentos ocupa a antepenúltima praza do grupo I), o Negreira. Cun contundente 1-5 o Depor impoñíase no García Calvo, mais deixando a Valerón polo camiño. O xogador blanquiazul tivo que se retirar aos 16 minutos de xogo con molestias na perna esquerda. O canario hase someter esta quinta feira a diversas probas para determinar a gravidade da súa lesión.
O Celta tívoo máis complicado para gañar o seu partido contra o Ourense no Couto, mais ao final selou o seu pase á final cun gol do xogador da canteira Joselu, que chegaba no minuto 61. O Ourense, pola contra, non deixou de resistir até o final, mantendo os seus teóricos titulares no terreo de xogo.
A vindeira cuarta feira 30 de abril hase revivir un clásico do fútbol galego: un Celta-Depor como os de antes, nun terreo aínda por confirmar.
O único xeito de atopase ultimamente, xa que Lendoiro, por unha vez e sen que sirva de precedente, tivo a feliz idea de non botar ao adestrador o que salvou ao Deportivo.
Copa que un año más está pasando sin pena ni gloria, y que apenas tiene repercusión mediática...Eso sí, algunos se están embolsando sus buenos cuartos con este asunto. ¿Verdad, Anxo?