Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os sirios rexeitan a denuncia

Os EUA acusan a Corea do Norte de darlle apoio nuclear a Siria

Un plan "oculto" que segundo os estadounidenses "non tiña fins pacíficos".

Redacción - 09:00 25/04/2008

Segundo fai público agora o goberno estadounidense, as instalacións onde se desenvolvía este proxecto foron bombardeadas xa o pasado mes de setembro por Israel, nun ataque aéreo do que non se deron explicacións en público.

Os EUA revelan agora datos reunidos pola súa axencia de espionaxe, a CIA, asegurando que Siria construía en secreto un reactor nuclear. Ademais, afirman ter probas de que persoas procedentes de Corea do Norte estiveron traballando dentro desta instalación.

En declaracións a Al Iasira, o embaixador sirio en Estados Unidos rexeitou esas acusacións e cualificou as declaracións da Casa Branca de "historia ridícula".

Máis na BBC e en Al Iasira.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 25/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O caso é ir espallando os tentáculos polo Universo mediante calisquera mentiras (esto non son "acusacións-trampa")?

Albert #2 25/Abril/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois claro que son acusacións trampa... que se Arbenz tiña trato cos comunistas, que se Allende non sei que, que se Vietnam, que se Corea, que se Irán, Iraq, Afganistán, as armas de destrución masiva, etc. O caso é ir arramblando cos países que eles consideren, con preferencia dos que teñen recursos, instalando gobernos de monicreques ó servizo da CIA, gobernantes lambecús do imperio que aproveitan a tallada que lles toca.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete