O presidente da Xunta retruca que a súa viaxe foi "profundamente institucional e respectuosa".
"Só convidou a cargos socialistas", argumentaba esta terza feira o líder do PpdeG, Alberto Núñez Feijoo, para criticar que a viaxe por Suramérica do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fora un exemplo de uso de fondos públicos "para unha visita de contido político".
Feijoo asegurou que nun cartaz onde se anunciaba o acto supostamente institucional que o presidente do Goberno celebrou en Bos Aires coincidindo co Día das Letras, podía verse unha imaxe do presidente do executivo español, José Luís Rodríguez Zapatero, e mais un logotipo do PSOE. O PpdeG xa advertiu de que pedirá explicacións polo miúdo no Parlamento.
Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño rexeitou as críticas dos populares e afirmou o carácter exclusivamente "institucional" do seu percorrido por Arxentina e Brasil. Ao fío, insistiu en que asistiu a todos os actos convocados "como presidente de Galiza", ironizando sobre as peculiaridades das viaxes do anterior presidente, Manuel Fraga.
Efectivamente, el embustero mayor de la Junta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, hizo un viaje político con fondos públicos...
¡¡¡PERO ES QUE LOS SOCIALISTAS NO SABEN HACER OTRA COSA!!!
SOCIALISMO = CORRUPCIÓN
O q diga Frijoolito éntrame por unha orella e sáeme por outra...
Frijolito anda a xogar con lume e calquera día vaise queimar.
NON GAVIOTERO NON, non son só os sociolistas, ou acaso xa esqueces que a Xunta do PP o fixo tamén, e no caso concreto de Cuba xa non digamos.
Unha pouquiña de ecuanimidade che fai falla, e lembra que descalificar por sistema descalifica a aquel que o fai.
Xa nos vemos en Madrid, que a tí xa te coñezo eu.
A los populares, a Fraga, ya les hicimos rendir cuentas.
Ahora les hacemos rendir cuentas a los que están en el poder, y sobre todo, a los que vinieron con el discurso de la limpieza y el antifraguismo y no hacen otra cosa que fraguismo puro y duro.
Tanto en el PSOE como en el BNG. Y si no que le pregunten a Quintana cada vez que va a pedirles el voto...perdón, a bailar con los mayores.
O señor Touriño segue o penoso exemplo do seu antecesor e vaise de paseo ás Américas na procura de votos, de auténtica vergoña!!
O que máis lle molesta ao PP non é que gaste os fondos públicos, abondos gastaron eles, o que lle fode é que lles quiten eses votos corruptos incluso dos mortos.
É unha política penosa pedir a modificación do voto emigrante cando en realidade o que se quere é manipular eses inxustos votos que restan poder real a Galiza e que non contan no reparto de escanos. O que se lle fai a Galiza co voto dos emigrantes sobrepasa a democracia
Non ten comparanza o sistema electoral español, no tocante ao voto emigrante, dentro dos estados civilizados e temos que compararnos con países africanos para poder ver sistemas semellantes, o que da lugar a afirmar con rotundidade que España condénanos a un sistema electoral do terceiro mundo.