Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMISIÓN PARLAMENTARIA

A presunta axente electoral do PSdeG di que traballaba ás ordes do alcalde de Muxía

A deputada socialista Marisol Soneira insiste en que as acusación teñen orixe nunha montaxe do PPdeG.

Redacción - 19:50 21/05/2008

María Isabel Blanco, a emigrante retornada que supostamente fixo de axente electoral do PSdeG en Arxentina, compareceu este mércores diante da comisión parlamentaria que investiga se se destinaron fondos públicos para campañas electorais no exterior. Blanco sostivo que semanas antes das últimas eleccións municipais fixo campaña en Bos Aires traballando ás ordes do actual alcalde de Muxía, Félix Porto (PSdeG).

Blanco sinalou que “Félix Porto díxome que estaba contratada para facer campaña e que estaba baixo as súas ordes”. A axente electoral cualificou de “53 días sinistros” a súa etapa na capital arxentina. María Isabel Blanco afirma que recibiu 2.500 euros por ir casa a casa pedindo o voto para o actual alcalde de Muxía.

A suposta axente electoral insistiu que foi a deputada socialista Marisol Soneira a que lle facilitou o billete de avión. Porén, a suposta axente electoral dixo que non sabía se foi a deputada socialista a que tramitou o billete diante da Secretaría Xeral de Emigración, departamento que financiou o voo.

Pola súa parte, Marisol Soneira dixo que as acusacións teñen que ver cunha “trama” que alimenta o PPdeG. Soneira sinalou que tramitou o billete da suposta axente electoral pola súa situación de precariedade económica.


3/5 (4 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 21/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El espectáculo de la CORRUPTA Soneira es tremendo. La han pillao con el carrito del helao y la culpa es del que la ha pillao!!! ¡Jajaja! Esta chica tiene la cara de hormigón armado. Lo que tiene que hacer es irse a su casa.

Marisol, demuestra la "trama" o vete a tu casa, porque de momento lo que hay es una agente electoral que fue a captar votos por encargo vuestro.

CGB #2 23/Maio/2008 CGB
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois certamente a deputada Soneira actuou de boa fe. Axudou a unha emigrante retornada sen pedirlle nada a cambio (non a mandou a buscar votos para Camariñas, verdade?)pero houbo outros elementos interesados en facer leña. Foi o alcalde de Vimianzo (PSOE) en alianza coa líder da oposición (PP)os que utilizaron a señora Blanco para atacar a Marisol Soneira. Aquí non hai ningún tema de trapicheo de votos porque a chamada "Axente Electoral" non tiña coñecemento da colectividade emigrante. Non participara en ningunha institución e por tanto pouco podía facer para xuntar votos. A vinganza desta señora (por desagradecida ou porque quería un traballo mellor)foi utilizada polo PP e o PSOE de Vimianzo contra de Marisol Soneira. A razón está baseada en que manifestou publicamente a súa oposición a un pacto negativo que retrasa o futuro de Vimianzo.

Barbara #3 23/Maio/2008 Barbara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non me parece serio nin responsable que o noso Parlamento estrague recursos en investigar sobre unha suposta Axente Electoral. Houbo centos de axentes que traballaron para o PP cobrando dez dólares USA por voto recollido e os que puxeron o berro no ceo non puideron constituír ningunha comisión de investigación parlamentaria. Se queremos saber o que pasou é ben doado se nos achegamos por Cee, Fisterra e Vimianzo. Nin por Muxía nin por Camariñas hai que ir porque alí ninguén coñece a Mª Isabel Blanco.
Pregunten con quen paseaba a señora Blanco todos os xoves pola Feira-mercadiño de Vimianzo (poida que aquí estea a clave). Pregunten cal é o motivo de que o alcalde de Vimianzo non a quixese no concello antes de que Marisol Soneira falase contra do pacto co PP e logo si. Dixo que non servía para nada pero logo era a "raíña do mambo" porque lle servía para atacer á deputada Soneira. En Fisterra falen no "LESTÓN" de Sardiñeiro para preguntar con quen xantaba alí a señora Blanco (por certo, hai algunha conta pendente do invitador). Pregunten en CEE polas visitas da señora Blanco a asociación NERIA. Ninguén falará nada de votos para o PSOE senón dos "tapados" que a utilizaron sen dárlle un euro a cambio (hai que ser...eh?)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: