Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRO PASO PARA OS IDIOMAS MINORIZADOS

A constitución francesa recolle que “as linguas rexionais tamén pertencen ao seu patrimonio”

A Asemblea Nacional acordou modificar o artigo primeiro da súa carta magna.

Redacción - 10:50 23/05/2008
A ministra de Cultura, Christine Albanel, dixo que Francia non vai asinar a Carta Europea baixo ningún concepto

A ministra de Cultura, Christine Albanel, dixo que Francia non vai asinar a Carta Europea baixo ningún concepto

Por vez primeira na historia de Francia, as linguas minorizadas teñen un recoñecemento oficial. A Asemblea Nacional aprobou este xoves unha pequena modificación do artigo número un da constitución cunha engádega histórica “as linguas rexionais pertencen ao patrimonio do Estado”.

O paso dado pola Asemblea Nacional visibiliza en Francia linguas como o bretón, o vasco, o occitano ou o catalán. Os colectivos a prol dos dereitos das linguas minorizadas móstranse contentos polo paso dado, pero advirten que Francia se ten caracterizado historicamente polo seu rexeitamento ao plurilingüismo. Un exemplo é a negativa do goberno francés a asinar a Carta Europea de linguas minorizadas.

Anterior:Francia comeza a dar pasos tímidos para un recoñecemento das linguas minorizadas


5/5 (5 votos)


Comentarios (3)

-Xavier #1 23/Maio/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As línguas não são propriedade de ninguém. O Ser Humano, na sua loucura proprietarista, considera a natureza, a cultura, a arte, inclusive a vida, como uma propriedade. Tal concepção, a "propriedade" é contrária ao conceito de liberdade, contrária à liberdade mesma. O Estado francês, a República, muda a táctica porque os tempos mudaram, mas o fundo é o mesmo: a "langue" versus os "patois", aos que agora concede o privilégio (sic) nominal na "Constitution" de "langues régionales", expressão "actualizada" do antigo e ainda vigente "patois".

É a carícia do maltratador.

aconjuradosnescios #2 24/Maio/2008 aconjuradosnescios
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Também é o mesmo de sempre: tocam-se as superfícies, não os núcleos dos problemas. Não há vontade de resolver os problemas, e se a há, criminaliza-se porque ataca privilégios de uns poucos. Já tarda que apareçam uns Tan gallego na França. Vaticino que será na semana próxima, não mais tarde.

Alecrin #3 24/Maio/2008 Alecrin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro "as linguas rexionais pertencen ao patrimonio do estado" iso non di nada que sexa motivo de ledicia,máis ben todo o contrario,o estado pode dispoñer do seu patrimonio como lle pareza, é dicir pode conservar as linguas "rexionais" en formol, arquivándoas, etiquetándoas e expoñéndoas en museos como parte do folclore"nacional", ou mesmamente e se lle estorban pode eliminalas sen máis posto que son da súa posesión. En fin que os falantes das linguas minorizadas en Francia non teñen motivos para a ledicia , moi á contra, isto non é máis que un disfraz que permita ao estado rematar coas linguas minorizadas de forma impune.
A segunda parte da noticia é ben maís interesante " Francia non vai asinar de ningunha maneira a "Carta Europea das Linguas", eu diría máis : vai seguir torpedeando contra o recoñecemento das linguas minorizadas na UE, non só das presentes no estado francés senón de todas en xeral.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: