Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pesimismo dos grupos parlamentarios

Agoiran que a reforma do voto emigrante non chegará a tempo para as eleccións

Malia o consenso no Parlamento, PP, PSOE e BNG admiten que só a presentación dunha proposición de lei no Congreso aceleraría os trámites.

Redacción / EP - 13:15 14/06/2008

Nos tempos que agora mesmo manexan as burocracias administrativas, os emigrantes non podería votar en urna nas próximas eleccións. Así o admiten os tres grupos parlamentarios, despois de aprobar recentemente a proposta para unha reforma, de mínimos, da lei electoral que, fundamentalmente, puidese garantir ese voto en urna.

A proposición de lei deberá ser sometida aínda a debate nun próximo pleno, para pasar a continuación á comisión institucional. Con posterioridade, e despois de aprobación en comisión, aínda deberá ser votada en pleno. Coas vacacións dos deputados polo medio, a votación definitiva non se produciría con probabilidade até as portas do outono, se cadra nalgún dos plenos do mes de setembro. A continuación, a proposición seríalle remitida ao Congreso, onde até que se produza o debate de toma en consideración poderán pasar varios meses. Logo do conseguinte debate tanto no Congreso como posteriormente no Senado, aínda quedaría por adiante a aplicación real da lei, un proceso que dependería do compromiso e recursos que o goberno español puxese co proceso.

Dado que é probábel que os comicios galegos sexan no mes de marzo, para non coincidir coas eleccións europeas, as mesmas sombras de cada cita coas urnas seguirían caendo sobre o voto da Galiza exterior.

A posibilidade de abrir o proceso directamente en Madrid
Conscientes desa situación, os tres grupos parlamentarios recoñecen que é "case imposíbel" que a proposta chegue a tempo para as eleccións. Do mesmo xeito, admiten tamén que a única oportunidade para tratar de que a reforma se realice nese prazo é que se presente unha proposición no Congreso.

De momento a única formación que deu o paso é o BNG. Así, os nacionalistas convidan a PP ou PSOE a presentaren directamente a iniciativa, estando dispostas a retiraren a súa e unírense a un consenso. Ao fío, desde o PPdeG afirman estar agardando á volta do congreso do partido en Valencia para que sexa a nova dirección do partido a que tome calquera dirección ao respecto. Mentres, desde o PSdeG, recoñecen que sería a forma de acelerar o proceso pero non aclaran se finalmente se decidirán a presentala.


1/5 (1 votos)


Comentarios (7)

unhagrandechea #1 14/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en
http://www.unhagrandechea.org....

Gaviotero #2 14/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Al PSOE con sus agentes electorales ya le llega bien...y al BNG también le debe ir bien así porque apoya estas actuaciones como ya hiciera hace unos días apoyando el triste episodio de acarreo de votos por parte de Soneira y compañía.

mceleiro #3 14/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se não se tem aprovado é porque não interessa que se aprove. Caciques.

mceleiro #4 14/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Muita viagem de Tourinho por América. Tourinho, Fraga, a mesma cacicada.

teixugo #5 14/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...

E TORITO QUERE UM CAMBIO...

Atlantico #6 15/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E os deputados non poden renunciar a unha parte das vacacións para aprobar o texto antes? Será polo traballos que custa levantar a man ou apretar un boton nas votacións.

Dogma #7 16/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo que ao BNG xa nin lle vai nin lle ven, mais que por nada porque son votos que el nunca vai a ter, asi que se o PP eo PSOE se dan de ostias por eles, mellor lle irá.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete