O BNG presentará unha moción no parlamento español e propón un pleno extraordinario no Hórreo para xuño. O PPdeG dubida do PSdeG.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recoñeceu esta quinta feira que "consideraría un fracaso que os emigrantes non puidesen votar en urna" e manifestou o seu desexo de que o poidan facer "canto antes", a ser posíbel nas vindeiras eleccións ao Parlamento.
Touriño, á saída do Consello de Goberno, asegurou que non faltará ao seu "compromiso en todos os niveis", aínda que tamén lembrou que "as cousas teñen o seu procedemento en democracia". E incidiu: "Quen marcou os tempos, quen enarborou a bandeira, quen levou isto ao Parlamento ten nome e apelidos: o presidente do Goberno galego", destacou.
Ademais, criticou os que "querían facer un compendio teologal sobre a emigración", en referencia ao BNG sen nomealo, referíndose ao abandono dos nacionalistas do relatorio creado para abordar este asunto, porque consideraban que non se estaba a resolver o problema de raíz.
Moción no parlamento español
Precisamente, os nacionalistas vanlle reclamar o vindeiro martes ao goberno español no Congreso que "tome a iniciativa" e promova un proxecto lexislativo para reformar a Lei Electoral, segundo anunciou esta mesma quinta feira o voceiro nacionalista en Madrid, Francisco Jorquera.
Nunha conferencia de prensa conxunta co seu homólogo no Hórreo, Carlos Aymerich, Jorquera anunciou que o BNG presentará ademais unha moción neste senso, para que o "parlamento español promova a reforma".
Aymerich, pola súa banda, anunciou que proporá aprobar a proposición non de lei na Cámara galega o luns 30 de xuño en pleno extraordinario, evitando habilitar xullo, e acelerando aínda máis os prazos parlamentarios. "É unha forma legal e regulamentaria", afirmou.
O PPdeG dubida do PSdeG
Para o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, "se hai vontade política" é "posíbel" reformar a Lei Electoral para que os residentes ausentes poidan votar en urna. No entanto, considerou que a postura do PSdeG sobre este asunto é unha "incógnita".
Feijoo reiterou que "o que quere" o PPdeG é levar a cabo esta reforma antes das eleccións ao Parlamento e, tras considerar probado o compromiso do BNG e do PPdeG nesta liña, suxeriulles aos nacionalistas que "convenzan" os seus socios de Goberno para que "cumpran a súa palabra".
Sr. Presidente Torito, castela oprime!!!
Que saiba o senhor.
Eu penso que Touriño non esta tan lonxe de que os votos da emigración en Venezuela sexan en urnas. Iso si, teñan por seguro que non serán en urnas electorais senón funerarias.
Ao fin, non é un misterio para ninguén que a vida non vale nada neste país minado por unha das mais horrendas pragas de criminalidade no mundo. Todo isto ante a mirada incompetente dun goberno que ten 10 anos no poder e o único que pode ofrecer é promesas e non realidades.
De todas as maneiras. De ser necesario. Unha boa recomendación, é que se solicite o apoio desinteresado e antes de todo “competente” do organismo electoral MAIS MODERNO DO PLANETA TERRA. Se señores, Venezuela pode ofrecerlles a eficiencia e a profunda experiencia en materia electoral desenvolvida nos continuos procesos electorais deste país.
Queren un exemplo. (Se as direccións son saboteadas por unha man peluda. Utilicen o seu navegador e tecleen CNE e logo referendo 2.007)
http://www.cne.gov.ve/divulgac...
Vexan os “resultados do referendo de principios de decembro de 2.007” Se, fai mais de 6 meses. Onde os venezolanos rexeitaron que Venezuela deixase de ser un país democrático e pluralista e pasase a ser unha ditadura "socialista". Iso si, Chávez nin se dá por decatado e segue a súa transformación ante a mirada compracente do resto dos poderes.
Aquí poden ver os resultados na embaixada de Cuba.
http://www.cne.gov.ve/divulgac...index.php?cod_estado=99&cod_municipio=20
Aquí poden ver os resultados nas embaixadas de Venezuela en España.
http://www.cne.gov.ve/divulgac...index.php?cod_estado=99&cod_municipio=26
E se queren ver os resultados en Vigo. Aquí téñenos.
http://www.cne.gov.ve/divulgac...index.php?cod_estado=99&cod_municipio=26&cod_parroquia=04
En todas hai unha resposta que demostra a eficiencia deste organismo electoral. Logo de máis de 6 días, perdón 6 semanas, perdón 6 meses. A única resposta dispoñible é:
“DISCULPE EN ESTOS MOMENTOS NO TENEMOS RESULTADOS PARA ESTE ÁMBITO”
Con razón en Venezuela séguese violando a constitución xa que este organismo só dá resultados cando son favorables aos intereses do goberno, ou na súa falta, fai todo o posible para garantir a continuidade do noso comediante en xefe.
Entón, Xa saben.
Se non queren que os seus obsoletos votos en urnas de cristal garantan o futuro democrático de Galiza e España. Non dubiden en pedir a asesoría do CNE.