Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Diálogo internacional

Europa retíralle todas as sancións a Cuba

A UE acordou apoiar as medidas emprendidas por Raúl Castro. Os EUA e a disidencia cubana critican a decisión, mais tamén hai reticencias no seo dos 27.

Redacción - 10:05 20/06/2008
O dirixente cubano, Raúl Castro

O dirixente cubano, Raúl Castro

A Unión Europea acordou esta quinta feira, por unanimidade, terminar coas sancións diplomáticas ao réxime cubano, e abrir un diálogo internacional para mellorar a situación política e social da illa. A decisión aínda ha ser revisada cando pasen 12 meses.

A diplomacia europea chegou a esta decisión durante unha cea desenvolvida nunha cimeira dos 27, tras dúas semanas de incerteza, posto que a República Checa, Suecia e, até o último momento, Alemaña, tiñan reticencias a comezar a falar con Cuba. Para o país caribeño era indispensábel que Bruxelas eliminase estas sancións (aprobadas en 2003 ante o encarceramento de 75 opositores ao réxime de Fidel, e conxeladas en 2005), antes de aceptar as ofertas de diálogo da UE.

As sancións consistiron en eliminar as visitas gobernamentais de alto nivel, reducir a importancia da participación dos países da UE en manifestacións culturais cubanas e manter boas relacións coa oposición ao réxime.

As críticas dos disidentes e dos EUA

O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, asegurou que o goberno español, que encabezou o proceso de apertura, estaba satisfeito, porque se tiña imposto "o sentido común e de futuro de Cuba". En canto ás críticas a este proceso de apertura de diálogo coa illa, procedentes dos EUA e dos disidentes cubanos, Moratinos dixo que a decisión "demostra a autonomía e lexitimidade" da política da UE fronte á postura de firmeza dos Estados Unidos. Por outro lado o ministro español tamén salientou que o que agora agardan dende Europa, "o desexábel" sería que se acelerara a excarceración dos presos políticos, xa que "canto máis rápido se liberen, mellor para todos".

Dentro da UE, as posturas reticentes a abrir diálogo con Cuba tamén se expresaron na xuntanza, como a da República Checa que, a través do seu ministros de Exteriores, Karel Schwarzenberg, dixo que diálogo con Castro si, mais tamén coa oposición. Tamén foron os checos os que propuxeron que esta decisión sexa revisada dentro de un ano.


5/5 (7 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 20/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, os encarcerados eran "opositores", mais incrustados nunha moi perigosa operación orquestada por Washington, na que de sair adiante os plans, os disturbios creados no interior abrian camiño a unha intervención ianki por mar (con buques de guerra ad hoc para a ocasión) e por aire (incrementando a intervención con un suceso aéreo) ó tempo que se estaban a suceder os secuestros de embarcacións e avións cubanos en territorio cubano, -nunca houbo un pasaxeiro morto pola actividade policial cubana en casos como ese, como ocorre en moitísimos lugares-, a pesares de ser secuestrados lóxicamente ca violencia necesaria, reféns turísticos e algún asasinato incluído.

De ESES "opositores", que non opositores, falades e sobre ESES negocian os carroñeiros da U€, TODOS incluídos.

Por unha outra parte, ás reticencias á distensión, súmase para ser alimentadas, a visita do siñor Khaleb McCarry de hai uns días, representante do clan "familiar" Bush (fan como a Camorra), que andivo a remexer nas cortes €urop€ia$ (U€, Berlin, Bruxelas, Oslo, Estocolomo, Madrí), a exercer o que saben, de "macarris" (valga o palabro).

Non precisaba ir nin por Praga, nin por Roma nin por París. Madrí salvouse da excepción porque estaba a ser portavoz dos seus propios intereses (do seu capital). Praga sona, moito máis que polas suas xentes e belezas, como centro das actividades de "libertación mundial" desde o destape do "intelectual" amigo do autor intelectual dos GAL, o siñor Havel. O de Roma ben á vista está i por París, non precisa pasar a CIA con recados, que xa contan co seu propio home na Presidencia.

(Paro xa non se vaia armar un conflicto "internacional", verdade?!!)

Un só apunte máis: o futuro de Cuba está, como ata hoxe, SÓ, EN CUBA.

ecoe #2 20/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

I esquecía un campo ligado na mesma tirada, -que sempre aproveitan para meter unha bala envolta en papel regalo-: o lote I$$ra€l vai, a cambio, completo, incluíndo conversas segredas que non se farán públicas!

ecoe #3 21/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outro aspecto de importancia que non explica a noticia: sigue o bloqueio, as medidas impostas non eran económicas -seguen a respectar a extratarritorialidade da lei HelmsBurton ianqui, non protestan porque nos USAS haxa unha lei do propio €%$tado que trate de Cuba, etc- só de "representación"!

Mentres U€ esixe suposto respecto a DDHH na Illa, na mesma tiraxe a mesma U€ arrasa cos DDHH dos centos de miles de inmigrantes nos chans da €U e os que por vir están (para eles fundamentalmente preparan a xornada das 65 horas, estes hipócritas involucionistas)

Barcelos #4 22/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha boa nova.

ecoe #5 22/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo. E cómo se comen as mentiras a mantenta, mesmo cando as produce o dereitoso órgano nacionalista €$pañol dos Negocios tamén coñecido como €L País?

Cómo tragar que haxa unha blogueira en Cuba, dentro, desde Cuba, cun blogue ANTICASTRISTA, onde CADA DÍA COLGA O QSUE SE LLE ANTOLLA e o €l País lle premia? -Premia en cartos para contribuir á compra e reaseguramento das posicións da susodita? Ou para que se estableza de facto unha máis membro desclasada e adiñeirada?-.

Cómo un blogue anticastrista (!!!) en Cuba, si estaba prohibido polo Goberno e por Fidel ACCEDER A INTERNET EN CUBA!!!? Mais no blogue denuncia que non hai ACCESO a INTERNET e a blogues, consecuentemente. Será a "artista" unha protexida do castrismo? Ou unha consecuencia das "aperturas raulianas?
NON MÁIS MENTIRAS: €L PAÍS = FALSIMEDIA

Juó, juó...Ai que me mexo....
http://www.rebelion.org/notici...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: