As autoridades consideran que afoutaba os espectadores a se integraren na guerrilla, considerada como grupo terrorista pola lexislación xermana.
'Roj TV' emite para Oriente Próximo e Europa
As autoridades de Alemaña vetaron a emisión dentro das súas fronteiras á canle de TV curda con base en Dinamarca, Roj TV (TV O día), segundo confirmou este martes un voceiro gobernamental. A razón esgrimida polo Ministerio do Interior é que esta apoia a loita do pobo curdo contra Turquía.
Segundo o goberno, Roj TV é un "voceiro" do Partido Curdo dos Traballadores (PKK), grupo guerrilleiro cualificado de grupo terrorista pola lexislación xermana, "que defende a violencia como medio para impor ás súas aspiracións autonomistas".
Ademais, a mesma fonte ministerial comentou que a emisora fai propaganda para recrutar guerrilleiros que se sumen ao conflito armado entre o PKK e o Estado turco.
A prohibición leva consigo a inmediata disolución da empresa alemá VIKO Fernseh Produktion GmbH, con sede en Wuppertal, ao oeste de Alemaña, que produce programas para Roj TV, e a incautación de todos os seus bens.
Críticas d'Os Verdes
A decisión foi criticada pola portavoz de Interior do opositor partido Die Linke (A Esquerda) e ex d'Os Verdes, Ulla Jelpke, que acusou o goberno de "verter aceite no lume" do conflito turco-curdo.
Roj TV, afirmou, conta cunha programación cultural e informativa en turco, curdo, árabe e persa que chega a diario a millóns de persoas en Oriente Próximo e en Europa.
A democrática Alemaña de Merkel baixa a testa ante os poderes represivos de Turquía e abafa a voz dos "humillados e ofendidos". Señores, ningún pobo ten direito a rebelarse contra o poder dominante e represivo, suceda onde suceda. Tamén aquí. É máis: Se che dan unha labazada na meixela esquerda, debes pór a direita e, por suposto, o cu.
ei, Ulla Jelpke nom é dos Verdes, mas de Die Linke, como se pode ver na sua web
http://www.ulla-jelpke.de/