Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CON TROPAS, SE É PRECISO

Desmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue

Os observadores africanos deslexitiman a vitoria de Mugabe polas numerosas irregularidades.

Redacción - 14:15 29/06/2008
O líder da oposición a Mugabe, Morgan Tsvangirai, tivo que refuxiarse na embaixada holandesa

O líder da oposición a Mugabe, Morgan Tsvangirai, tivo que refuxiarse na embaixada holandesa

O arcebispo sudafricano Desmond Tutu, Premio Nobel da Paz en 1984, fixo este domingo un chamamento para que inteveña en Cimbabue a comunidade internacional e que empregue a forza se é preciso. Pola súa parte, os observadores africanos que estiveron presentes nos comicios do pasado venres reiteran que estes non foron “nin libres nin xustos”.

Mentres Robert Mugabe semella non facer ningún caso ás criticas internacionais e asegurou que a súa vitoria foi “moi ampla”. O presidente de Cimbabue será investido esta tarde como máximo dirixente do país para os vindeiros cinco anos.

En marzo, a oposición, encabezada por Morgan Tsvangirai, logrou superar en votos ao partido de Mugabe. Porén, poucos días antes destas presidenciais, Tsvangirai anunciaba a súa retirada pola presión de Mugabe e refuxiábase na embaixada holandesa ao temer pola súa vida.


3/5 (2 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 30/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O imposible sustituto do Nobel de Mandela resultou ser, coma outros dos receptores -os matarifes Sharom, Kissinger...- e como non podía ser menos, un feirante e un bocazas.

Haberá poucas torcidas intervencións vixentes da ONU?
Que deixen os africanos en paz resolver os seus asuntos: Unión Africana, Non Alineados...

A forza habería que aplicarlla a ele, mais non continúo a frase.

COUTOVEN #2 1/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que non se preocupe o compañeiro Mugabe. Que Desmond Tutu fale ou que Mandela se queixe. Posiblemente Hugo Rafael Chávez Frías salga en defensa deste colega tan corrupto, sanguento e incompetente como el. Ao fin, como din en Venezuela. “Entre bombeiros non hai que pisarse a mangueira”.

Que magoa, cando Mugabe visito a Venezuela e foi honrado coa réplica da espada do libertador non aproveito a oportunidade para pedir asesoría ao Consello Nacional Electoral Venezolano (autodenominado como o máis moderno do mundo) pero incapaz de dar resultados cando os mesmos non favorecen ao seu comediante en xefe.

Que non se preocupe o bo Mugabe, xa o seu sanguento colega compro avións rusos Sukhoi-30 MK2 que seguro ofrecerá para defendelo. Iso si, do mesmo xeito que Mugabe, Chávez só está interesado en eternizarse no poder. E se para iso hai que perseguir á oposición ou matar ao pobo de fame e necesidade. Non importa. Para iso inventaron o imperialismo e as oligarquías ás cales botarlles a culpa de todo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: