Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate parlamentario este martes

Consenso de BNG e PP para meterlle présa ao goberno español coas infraestruturas

O Bloque propón unha subcomisión no seo da comisión Xunta-Estado, mentres que o PSdeG quere un grupo de seguimento liderado pola conselleira de Política Territorial.

Redacción - 09:00 01/07/2008

Á porta das negociacións que deberán producirse este mesmo martes, as posicións de BNG e PPdeG semellan as máis próximas respecto do mecanismo máis oportuno á hora de fiscalizar os compromisos do goberno español con Galiza. Nacionalistas e populares estarían así dispostos a que sexa un organismo incluído dentro da propia comisión bilateral Goberno-Estado a que protagonice ese proceso. A vixilancia quedaría deste xeito baixo a responsabilidade da secretaría xeral de Relacións Institucionais e liderada estreitamente polo propio vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

Fronte a ese modelo, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, propuxo xa un sistema diferente. A iniciativa rexistrada no Parlamento polos socialistas fala dun grupo estábel de "seguimento e impulso" das obras da alta velocidade ferroviaria onde estarían representados directamente os responsábeis de infraestruturas, de xeito que no caso galego quedaría liderado pola conselleira de Política Territorial, a socialista María Xosé Caride. O acercamento entre BNG e PPdeG chega despois da carta remitida polo líder dos populares, Alberto Núñez Feijoo, ao vicepresidente, solicitándolle a presenza estábel dun deputado do PP no órgano fiscalizador. En resposta, Quintana prometeu "contar con todas as forzas políticas" para definir a posición que Galiza manterá diante de Madrid.

A lea chega ademais despois de que o presidente da Xunta, recoñecese que a "falla de cintura" impedira hai poucos días que se chegase a un acordo unánime no Congreso para solicitarlle ao goberno español a creación dunha comisión que vixíase o cumprimento deses prazos. A proposta argumentada daquela polo BNG xa expoñía a necesidade dunha subcomisión dentro da bilateral Estado-Xunta, similar a que está estabelecida, por exemplo, entre o Estado e a Generalitat de Cataluña. Nese momento, o proxecto recibira os votos en contra dos deputados do PSOE, malia que a moción presentada polo BNG saíra adiante cos votos favorábeis do resto de grupos parlamentarios.


3/5 (2 votos)


Comentarios (8)

Tino #1 1/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Q ironia, os q lle fan a guerra suxa a Quintana agora danlle apoios para q lle faga de correa de transmisión en Madrí: ainda q os obxectivos son os mesmos, os medios son diferentes. Os do PP só buscan rendibilidade política para seguir mangoneando e roubando, mentres o BNG busca o interese xeral.
Coidado con eses amigos de viaxe, q encanto das unha cabezada roubanche todo o q tes o danche unha puñalada por diante directamente.

neto-do-xastre #2 1/Xullo/2008 neto-do-xastre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que o PP sexa como é, o certo é que o do TAV parece unha utopía...
Se o PSdeG se impoñera fronte os seus compañeiros de Ferraz outro galo cantaría... pero non hai maneira cos deputados tan competentes que teñen aló.
En fín a única maneira de axilizar un pouco as cousas é que o BNG no próximo pacto de goberno, esixa ao PSdeG unha posición máis seria e firme... que sexa máis PSdeG e menos PSOE

Garrano #3 1/Xullo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que merda de AVE nin que ostias! Que metan o AVE e toda a parafernalia no cu! O tren convencional estase indo ao carallo a conta da papaostiada do AVE e ainda por riba o BNG xuntandose co PP, os que atacan dia si dia tamén ao galego. O PP para co nacionalismo ten e tivo todo o prexuízo e a merda do mundo, mais agora pares que non hai memoria, ou é que la marea roja le puede a Quin? Que pouca vergoña!

Atlantico #4 1/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sempre nos putean coa merda do AVE, pero cando houbo que facer un porto exterior para Repsol e a súa refineria de Arteixo, de 60.000 millóns de pesetas, foron "cagando leches" que din en Madrid.

ranciadas #5 1/Xullo/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un matiz, empreguemos TAV, o outro é unha españolización de balde.

ecoe #6 1/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

UUUUUUUUÚUUUHHHH... bng + pp metendolle presión a Madrí.

DanielErreCe #7 1/Xullo/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quen ameaza non é traidor. É intelixente lembrarlle ao teu socio que os acordos políticos non son incondicionais, e que alén do bipartito hai (e debe haber) vida. Do mesmo xeito que PSOE e PP achegan posicións cando lles interesa.

mceleiro #8 1/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

«...os acordos políticos non son incondicionais,...»

Alguém pode pôr um exemplo onde o BNG não dera o seu apoio INCONDICIONAL?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: