Repasamos, de xeito sonoro, os dez temas máis votados até o momento.
Os 53 temas que participan, até o momento, en A Polo Ghit 2008 xa recibiron varios miles de votos na web do concurso. Os internautas teñen este ano un importante protagonismo na busca da canción galega do verán, pois cinco dos dez finalistas serán elixidos entre os temas máis votados. Vieiros ofrece, por primeira vez, un podcast en que se repasan as dez cancións que teñen máis votos esta semana.
Hostia, isto si que é radiofórmula nacional. DJ OftherRiver, semella vostede un cowboy gallopando por riba das ondas hergzianas de toda a nación-nazón-naçom-naçao galega. Parafraseando a Camilo Sesto: Mola un feixe
adiante revolución podcasteira, Vieiros-Radio con selección de podcasts en galego para emitir na rede e na fm rematando así cos monopolios radiofónicos impostos na galiza!!
Forza gz-podcasteira!!
Este ano falta Snatch, sen dúbida a mellor canción da edición anterior.
Hai moi pouca imaxinación e moita mediocridade este ano...