Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Palestina

Un palestino e dous israelís mortos logo dun ataque cunha escavadora en Xerusalén

Segundo os medios israelís e as axencias internacionais, un home que conducía a máquina arremeteu deliberadamente contra un bus.

Redacción - 12:20 02/07/2008
Imaxe logo do suceso

Imaxe logo do suceso

Pouco despois das 12.00 horas en Xerusalén (as 11.00 horas en Galiza), un home que conducía unha máquina escavadora polo centro da cidade arremeteu contra un bus, provocándolle a morte a dúas persoas así como feridas a outra ducia.

Segundo os medios israelís e as axencias internacionais, o condutor -que foi abatido a tiros pola Policía- realizou a manobra deliberadamente, era palestino e tiña antecedentes penais.


0/5 (0 votos)


Comentarios (10)

axeito #1 2/Xullo/2008 axeito
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non é un erro, é certo. Dun lado son tanques, que entran todos os días en cidades e aldeas menos históricas, estragando casas, coches, rúas e ata persoas; do outro camións.
O que non entendo é como pode ser certo que Gaviotero faga comentarios deste tipo. Hai xente sufrindo e morrendo; o humor negro déixao para os comentarios sobre o fútbol, aquí non pelexan once contra once, en condicións iguais, e ninguén vai levantar trofeos.

ecoe #2 2/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha excepción excepcional. Mirástedes con qué SAÑA dispararon ENRIBA DELE, polo menos OITO TIROS A QUEIMARROUPA? E o xesto do ASASINO (non tiña a policia ningún método para facerse co suposto conductor-activista)?

Na linguaxe ó uso, si ese policia é "policía" o conductor da excavadora tamén é "conductor", ou? Dígoo por si o trato lingüístico pode ter algunha correspondencia ca realidade.

roixordo #3 3/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, a ver cando vas ti a lle facer compaña

maraghota #4 3/Xullo/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, viríache moi ben unha estadiña dunhas semanas en Ramala ou Gaza...

ecoe #5 3/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está visto que para CERTAS PERSOAS con que unha "autoridade" decida calquer tipo de actuación, é CORRECTO CALQUEIRA que ésta sexa: xa NON FAI FALTA para eles xuízes nin XULGADOS, NON HAI QUE DEMOSTRAR NADA: F A S C I S M O

redaccion #6 3/Xullo/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foron borrados varios comentarios:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Galiza-Israel #7 4/Xullo/2008 Galiza-Israel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei quen redactou esta nova. Quero supor que estando no verán e por mor das vacacións, os xornalistas non están e ficou encargado un raáz que pasaba por alí. Por que non entendo o tratamento do atentado. E acho non é preciso argumentar máis. Lamentábel.

ecoe #8 4/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se lle poden pór portas ó mar, nin defender o indefendible CON ARGUMENTOS CERTOS.

Contra todo o lixo que por ahí anda, eiquí van uns datos, que deberan ser obxectivos (menos para os filiados de I$ra€l). Están publicados polo B´Tselem, o Centro Israelita para os DDHH nos TERRITORIOS OCUPADOS POR U$RA€L:

No que vai de século até xunio (exclusive) os israelianos asasinaron CATRO MIL OITOCENTOS TRINTA PALESTINIANOS (de eles, 947 eran crianzas)-exemplo demostrado da valía e valentía de un exército ultra (e ultraarmado)-.

Pola contra van asasinados MIL E CINCONTA E CINCO israelianos, (de eles 123 crianzas), xeralmente de resposta ós ataques mortais israelianos.

ecoe #9 4/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.rebelion.org/notici...
esquecinme fonte.

carlosroca #10 7/Xullo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por no ir a un medio esquerdoso: http://www.elpais.com/articulo...

É pavoroso...

E hai que nos quere vender o "civilizados e occidentais" que son nese estado...cando xa forman parte da internacional fascista imperial, monoteista e racista.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: