Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa fracasara a denuncia contra Dionisio Pereira

Un xulgado desestima a denuncia da familia dun ex alcalde falanxista contra o arqueólogo González Ruibal

Os parentes dun ex alcalde falanxista de Cerdedo tamén levaran á xustiza, sen éxito, hai meses ao historiador Dionisio Pereira.

Redacción - 09:00 03/07/2008

A titular do Xulgado de 1ª Instancia da Estrada rexeitou procesar pola vía penal ao arqueólogo, natural de Soutelo de Montes, Alfredo González Ruibal. A familia do ex alcalde falanxista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres, que xa fracasara na denuncia contra o tamén historiador Dionisio Pereira, interpuxo o contencioso. Porén, a familia pode recorrer aínda a sentenza, tal e como fixo na ocasión anterior.

A parte demandante pedía unha rectificación e unha compensación económica de 100 mil euros por “difamar” ao seu parente. Alfredo González Ruibal tíñase solidarizado co historiador Dionisio Pereira, afirmando que o ex rexedor estaba detrás da represión que se produciu no concello logo do golpe militar de 1936.


4,36/5 (11 votos)


Comentarios (4)

baltar69 #1 3/Xullo/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

realmente é un sinsentido e non me extrana que a cousa se preste a tamaña torticería: os levantados en armas no 36 conculcaron a legalidade vixente e instauraron outra pola forza das armas logo dunha contenda bélica de tres anos.
como a famosa reinstaurazón democrática non sancionou a ningún dos levantados contra a legalidade republicana, os autores de feitos violentos e criminais fican exentos de responsabilidade xurídica, xa que para a xudicatura non son culpabeis de delito algún e, polo tanto, fican cá súa honorabilidade intacta.
de ese xeito, e o non estar probados e condenados como criminais pola xustiza ordinaria, os familiares de queipo de llano, de franco, de sanjurjo ou de mola ben poderían interpoñer denuncias por calumnias a quen ouse comentar as actividades dos mesmos como ciminais ou incluso a quen, dentro dun campo de investigación, se mova un ápice do ideario patrio que moveu a semellante desfeita.
da mesma forma, tódolos falanxistas e sublevados, tanto con cargos políticos como sen eles que non fosen xulgados e condenados, gozarán dun estatus semellante.
son as glorias de querer entroncalo pasado co futuro.

galeguzo #2 3/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois vão ter de pagar as custas. E espero que com recargos.

Dogma #3 3/Xullo/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A vergonza doe, e por iso pretendense tapar as bocas... o malo é que os trapos sucios cando se airean tenden a feder mais

ecoe #4 3/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns unha outra vez para Alfredo, Centro Etnográfico da Terra de Montes e amigos do VerboXido. E ata á xuíza (que non sirva de precedente) polo seu atinado proceder.

Mais a presión continúa, pois as leises protexen a imposición do silenciamento, contra as que non hai Paul Preston nin outras firmas que valgan.

ZP oé oé anda ós biobardos, mentres traballa pola calada para quenes o fai!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: