Carme Chacón chamoulles "pena de morte sen sentenza" e dixo que se van destruír as que se atopan nos arsenais do exército canto antes.
A ministra de Defensa española, Carme Chacón, asegurou esta terza feira durante unha visita a unha academia de enxeñeiros madrileña, que o Estado Español (un dos principais produtores do mundo) vai deixar de fabricar bombas en acio ou bombas de fragmentación.
De feito, segundo Chacón, o goberno español vai aprobas, nas próximas semanas, unha norma unilateral sobre o emprego, produción, almacenamento, compra ou transferencia destas armas, e vai ordenar as destrución das que aínda se atopan gardadas nos arsenais militares do Estado (unhas 5.000) en menos de dous anos.
A ministra de Defensa dixo tamén que con estas medidas, o goberno español pretende situarse na vangarda da erradicación desta munición, que definiu como "unha pena de morte sen sentenza". Ademais, Chacón aclarou que o Estado Español nunca empregou estas bombas.
É unha moi boa nova. Só cabe agardar que se materialice e cumpran o que voluntariamente se comprometen.
A ONU, debera obrigar ós exercitos e nacións que as usan a retiralas, todas e cada unha, dos lugares onde as usaron.
Nom, nom as empregou nunca; só as permitia vender para outros massacrarem-se com elas, muito melhor, sim... Quiçá era entom que estavam pensando em "proteger" as fronteiras dos "ilegais" mas nom chegárom a usá-las, ou se nom onde as queriam usar? Para reprimir manifestaçons?
Em fim, igual som estas as únicas armas que vende o Estado espanhol. Ou quiçá nom? Turquia, Israel...
http://www.nodo50.org/tortuga/...
http://www.rebelion.org/notici...
O PSOE na sua linha
Mas vós acreditais no que dizem??? ai, ai, que inocentes somos...
Eu acredito só se me dizem em que estado está e a quem vão vender (e por quanto dinheiro) toda a maquinária para a fabricação desse tipo de bombas.
E falando de bombas, terá que estourar algo antes do 25, não? Acho que toca...
Os avions de carga que saen de España pra Africa e Sul-america e voltan con peixe, verduras e frutas conxeadas, Con qué carallo van cargados pra alá? Porque o precio que pagan o peixe, a verdura, e as frutas nas lonxas e ó precio que vai a gharsofa a min non me dan as contas.
"roibran" ti viches "O pesadelo de Drawin". Moi recomendabel.
#5 Seica che vam cargados de "Materiais para práticas esportivas", que é com lhe chamam às armas curtas as empresas espanholas de armamento participadas polo Ministério de "Defensa"???. Suponho que o tiro ao "vermelho" ou ao "negro" acabará sendo disciplina olímpica como já é o tiro ao "branco".