Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Oriente Próximo

Irán proba con éxito un mísil de longo alcance

"O obxectivo destes exercicios é demostrar que estamos dispostos a defender a integridade da nación iraniana", sinalou o Exército.

Redacción - 11:45 09/07/2008
Imaxe do lanzamento

Imaxe do lanzamento

O Exército de Irán, o Grupo de Gardiáns da Revolución Islámica, fixeron esta cuarta feira un lanzamento de ensaio dun mísil Shahab 3, cunha "carga convencional dun peso dunha tonelada e un alcance de dous mil quilómetros", segundo anunciou a canle estatal Al Alam.

A proba, que incluía o disparo doutros mísiles, prodúcese nun período de tensión crecente debido á presión exercida polos países occidentais e mais o Estado de Israel sobre o goberno iraniano, en relación co seu programa nuclear.

"O obxectivo destes exercicios é demostrar que estamos dispostos a defender a integridade da nación iraniana", declarou o comandante das forzas aéreas dos Gardiáns da Revolución Hussein Salami.

"Os nosos mísiles están listos para ser lanzados en calquera lugar, en calquera momento, con rapidez e precisión", asegurou. "O inimigo non debe repetir os seus erros. Os seus brancos están baixo a nosa vixilancia", agregou.

Pola súa banda, o portavoz da Presidencia dos EUA para a Seguridade Nacional, Gordon Johndroe, declarou que Irán non pode realizar "novos ensaios nucleares" se realmente quere conseguir "a confianza do mundo".


0/5 (0 votos)

Comentarios (3)

carlosroca #1 9/Xullo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto si que é "feedback" para a industria militar, a única beneficiaria.

Jatopardo #2 9/Xullo/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mirade o que está a facer o impresentable de Ahmadineyad para probar as súas armas. http://www.asanda.org/index...

Está claro que non hai nada peor que un fanático relixioso con poder.

carlosroca #3 9/Xullo/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso so é parte de espectáculo...Tan ou máis fanáticos e imperialistas: Bush, Sarko, Berlusconi, Oldmer...

Non existe ningunha superioridade moral, só intereses colonais das empresas detras dos imperios.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: