Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pau ao patrimonio natural da Ribeira Sacra

Furarán ou non o Sil? Entre a mentira e a cerimonia do despiste

O Boletín Oficial do Estado publicou este mesmo mércores a declaración de impacto ambiental que a ministra dixo non ter asinado. "Espremen o país sen deixar apenas ingresos", quéixanse os ecoloxistas sobre Iberdrola.

Redacción - 09:00 10/07/2008

"Non pasou sequera unha semana e o BOE xa publicou o visto bo a este plan de Iberdrola", laiábase este mércores Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, recordando que hai poucos días que a ministra de Medio Ambiente, a ourensá Elena Espinosa, negara ter asinado a Declaración de Impacto Ambiental que agora se fai pública. "Todo o mundo pode consultar a resolución de Medio Ambiente: foi asinada xa o pasado 23 de maio", sinala Pérez Bouza, acusando o ministerio de tratar de "enganar" os cidadáns sobre o proxecto de Iberdrola en Santo Estevo.

"Queda demostrado por escrito que a señora Espinosa mentiu", entenden ao respecto desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, criticando que o goberno español quixese sementar "confusión" sobre este asunto. Ao fío, critican as explicacións coas que se pretenden xustificar os proxectos de aproveitamento eléctrico na zona. "En contra do que queren dar a entender, actuacións como estas son unha agresión inadmisíbel ao patrimonio natural e aos ecosistemas protexidos", denuncian. De feito, advirten de que as alegacións realizadas polo grupo ecoloxista non foron incluídas no procedemento de consulta. Segundo o estudo de Adega os cascallos que produciría a apertura de túneles-galería que cómpren para levar adiante ese proxecto hidroeléctrico "vanlle afectar gravemente" á zona, así como tamén os efectos do caudal para o turbinado.

Oposición aos catro proxectos de Iberdrola e Fenosa para a zona
Xosé Manuel Pérez Bouza expuxo este mércores que o BNG oponse aos catro proxectos de aproveitamento hidroeléctricos no Sil e no Miño presentados tanto por Iberdrola como por Fenosa. Sobre o tema, Bouza considera que as administracións manteñen unha "posición incoherente". Á espera de coñecer o posicionamento do ministerio sobre os outros tres proxectos pendentes, o BNG solicitou a comparecencia da ministra no Senado para que "aclare, informe e explique" a súa posición en cada caso.

Por outra parte, Adega carga de xeito específico contra Iberdrola, de quen avalían que "apenas deixa ingresos no país", exportando a súa produción eléctrica e "sen xerar ningún posto de traballo aquí". "E todo para que o 30% da electricidade se perda na transmisión a longa distancia e nós teñamos que soportar os graves impactos ambientais que provoca", láianse.


5/5 (8 votos)


Comentarios (6)

DanielErreCe #1 10/Xullo/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E @s usuari@s galeg@s pagan a electicidade a un prezo inxusto. Por que un país que exporta dous terzos da enerxía que produce non ten unhas tarifas reducidas? Ou polo menos que as compañías eléctricas teñan que pagar uns impostos especiais (acordes aos beneficios que ingresan) por explotación do territorio. As zonas onde se achan máis da metade das explotacións eléctricas estanse a quedar sen poboación, literalmente: deserto humano.

O BNG debería ser inflexíbel neste tema. Porque argumentos de peso hai. Se se explica ben e se fan uns programas simulando a repercusión que tería para o país unha tarifa reducida ou o que se podería facer cos ingresos por ese canon ás eléctricas, coido que case tod@s @s galeg@s concordarían.

Tino #2 10/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver cuando cumpriendeis q en la Mexe-ta nezezitamos eletricidá, ¿de onde la imos sacar si no es de los países atrasados antes q tengan consiensia de lo q tienen?

Amás en Gallicia o Gallaecia o como se llame ese zitio gañamos los del pisoe, no si?

condedecotobade #3 10/Xullo/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu lin nalgures (penso que na Voz) que Iberdrola ten dous proxectos para a zona: un a animalada esa de furar o canón e outro que é facer non sei que reformas en infrastrutura que xa existe. Non seguín moito o tema co cal a miña é unha pregunta sen intencionalidade de defender ao Ministerio: Pode ser que a declaración de imapcto asinada sexa a dese proxecto de menor entidade? (o cal por outro lado tampouco sei se é unha barbaridade, que podería ser)

OBSERVADOR #4 10/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mas esta notícia é um escândalo, não? Como não está a todo trapo de primeira e com um titular mais rechamante?? A ministra mentiu. Disse que não assinava e já tinha assinado. Como pode mentir ao PÚBLICO um cargo PÚBLICO impunemente?

Roquinho #5 10/Xullo/2008 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só unha cidadanía convencida do que é seu é quen de defendelo. Quen non é capaz de defende-la súa cultura nin o seu territorio non merece nada. A inmensa maioría dos galegos nin se sinten galegos nin sinten a súa cultura nin lles importa nada o seu país e deste xeito consinten que nos aldraxen, nos utilicen e fagan co noso o que queren outros. Non me estranaría nada que se vai adiante o tema das centrais nucleares teñamos que apandar cos residuos que xeran, e ficaremos calados e contentos, mentres outras zoas de España medran porque os seus habitantes son quen de aunar esforzos aqui loitamos por defender o alleo e atacamos o noso. Da noxo esta triste cidadanía que nos tocou en sorte, para quen todo o noso é malo e o alleo é bo.

ecoe #6 10/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sairía un estudo do impacto ambental....a ver si como no caso do encoro de Caldas, porténlle a Extremadura!

Iso sí: a espiñenta ministra foi ADUZIDA na firma do mesmo, ela firmouno sen participar.

Xa se sabe dos efectos colaterais na Terra da Chispa (podia que por iso, alí sexa onde se produz a chispa eléctrica, seica)!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: