Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
"non era cardiólogo"

Sanidade ha mudar, á fin, o nome do Juan Canalejo

A CRMH, que leva anos protestando porque o centro se chame como un coñecido falanxista, asegura que esta mudanza é unha "conquista social".

Redacción - 18:05 10/07/2008
Juan Canalejo, baixo o símbolo da Falanxe

Juan Canalejo, baixo o símbolo da Falanxe

A Xunta está aquelando o expediente para rebautizar o hospital coruñés, que deixará de chamarse Juan Canalejo este ano. O nome que levou durante medio século este hospital, lonxe de ser o dun recoñecido médico, é o do fundador da Falanxe na Coruña, un pistoleiro que mesmo chegou a ser "xefe territorial" dunha das organizacións fascistas que participaron no golpe que deu comezo a unha longa ditadura. Canalejo, pese a que non foi moi popular, tamén ten unha céntrica rúa na cidade herculina.

Despois de varios aprazamentos, chegou o momento
Sete meses despois da entrada en vigor da Lei da Memoria Histórica, a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, decidiu levar ante o Consello da Xunta, antes de que termine o mes, o decreto que ha mudar o nome do centro sanitario, que pasará a se chamar Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Hai uns meses, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que leva anos tentando terminar coas pegadas que deixou o franquismo na cidade, pedíalle, de novo, a Rubio que comezase coas xestións para mudar a denominación no hospital. Naquela altura, chegaban dende o Goberno discursos contraditorios: por un lado estaban os que defendían a mudanza do nome, e polo outro, os que salientaban que, por prestixio (polo que gañara o hospital durante décadas, a nivel internacional), o nome debía ficar como estaba, para non poñer en perigo a "marca de calidade" que "tiña o complexo no mundo científico e médico".

Todo o mundo soubo quen foi Canalejo
Baixo o lema "Juan Canalejo non era un cardiólogo", a CRMH da Coruña desenvolveu unha intensa campaña para mudar a denominación do centro canto antes, a través da recollida de sinaturas e enviándolle unha petición formal á Xunta.

Con estas accións, moita xente soubo que Canalejo non era un reputado médico, senón un falanxista: "a cidadanía puido descubrir que o grupo que dirixía facía exercicios de tiro, asaltaba e tiroteaba as sedes dos partidos e dos sindicatos, roubaba as fichas de afiliación, acudía con pistolas aos mitins e manifestacións, rebentaba as folgas, etc., é dicir, organizaban todo tipo de accións terroristas contra o réxime legal e constitucional da 2ª República", contan nun seu comunicado.

Cando souberon das intencións da conselleira de Sanidade, dende a CRMH amosaron a súa ledicia e déronlle os parabéns a todos os cidadáns e cidadás que colaboraron na súa campaña. Agora a Comisión agarda que "despois desta decisión da Xunta, en aplicación da Lei da Memoria Histórica, o Goberno Municipal da Coruña acorde axiña o cambio de nome da rúa Juan Canalejo, pola de Socorro, que é o nome que tiña antes do golpe militar de 1936".

30 rúas con nomes por mudar, unha estatua por quitar
Na actualidade quedan na Coruña unhas 30 rúas por rebautizar (todas elas con nomes que exaltan a ditadura e aos que promoveron a sublevación do 36), e unha estatua de Millán Astray por retirar.

Ademais deste decreto de Sanidade, queda aínda por elaborar un outro de Educación, Consellaría que dirixe Laura Sánchez Piñón, e quen ten pendente a mudanza dos nomes de varios centros educativos, como o Colexio Francisco Franco en Beariz (O Carballiño) ou o Colexio Carme Polo (Ferrol).


Ligazóns

4,7/5 (20 votos)

Comentarios (34)

luisfoz #1 10/Xullo/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já iam sendo horas. Os meus parabéns para a CRMH da Crunha que vai acabar com o selvagismo de que um pistoleiro falangista dê nome a um hospital.

Gaviotero #2 10/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Juan Canalejo era el jefe de la Falange, pero no sólo no participó en la sublevación sino que fue ASESINADO por los rojos en la matanza de Paracuellos, dos meses después de iniciada la guerra.

Comprendo que a Vieiros la realidad no le guste. O que se la hagan cambiar los mismos que mantienen este invento funcionando. Pero antes que nada, si te quieres hacer llamar periodista, tienes que ejercer como tal.

ANGR #3 10/Xullo/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como cidadão da Crunha sinto humilhação, nojo e decepção de esta mudança do absurdo ter ocorrido tão tarde. No entanto, parabéns a quem trabalhou para tornar isto possível.

Lidor #4 10/Xullo/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva Carrillo!!!

Alberto #5 11/Xullo/2008 Alberto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

jo! moito me mola este pobre subnormal de gaviotero! este tio deberia cobrar de vieiros por animar o cotarro! que capacidade de sofremento! que verbo florido! que loxica impecablemente bobo-fascista!.. Gavi: eres un crack!

Carlinhos #6 11/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 Carrillo vendido ao Euro-comunismo socialdemocrata e à monarquia. Viva o Líster!

galeguzo #7 11/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 Viva Calo! :)

Canalejo foi um assassino ou, no mínimo, contribuiu activamente em actos de repressão, tortura, sequestro ou assassinato. Certamente isso não desculpa que também ele fora assassinado, mas nem por isso se me ocorreria dedicar-lhe uma estátua e, nem muito menos, dar a um hospital o nome de semelhante carniceiro (não imagino na Alemanha o Hospital Mengele).

Tino #8 11/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alberto, advertirás q hai unha tendencia a non facer eco das trapalladas do Gaviotero: eu non leo os seus comentarios e non keros seguir léndoos a quen se dedica a comenta-los, por iso che agradezo q non me obrigues a le-los indirectamente.
Grazas.

Tino #9 11/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Á parte da boa noticia, kixera comentar o titular da mesma:
,,Sanidade ha mudar, á fin" fica moi ,,in" ou moi ao estilo xornalístico imposto por madrí tradución de AL FIN.
Ninguén na fala real di ,,á fin", no canto de ,,por fin" ,,dunha vez".
E con menor importancia, tamén a expresión ,,ha mudar" é moi pouco escoitada na rua con ese sentido, sendo o mais habitual: cambiará, trocará, traducirá... segundo os casos. ,,Mudar" sempre se utilizou mais ligado ao cambio da roupa persoal, cambio de pel nos animais, etc.

galeguzo #10 11/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#9 Mudar, cambiar e trocar são, neste caso, sinónimos perfeitos, no sentido de "permutar uma cousa pola outra", isto é, o nome de um fascista por alguma outra denominação.

galeguzo #11 11/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NOTA à notícia de Vieiros: no texto indica-se que Beariz pertence à Terra de Montes, mas tenho entendido que pertence à comarca do Carvalhinho. Não sei se alguém poderia aclarar este pormenor.

bernaldina #12 11/Xullo/2008 bernaldina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tino, éche moito máis rebuscado usar esas comiñas ,,xermánicas" en vez das "inglesas" ou «latinas».

Reboredo #13 11/Xullo/2008 Reboredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai rúas e ate colexios que levan o nome de Manuel Fraga Iribarne. Que teria pasado se Canalejo sobrevivise a Franco e formase parte da AP fundada por Fraga, quedarian limpos os seus atropelos, o apoio ao rexime autocratico presidido por Franco. E non esquezamos a teima de Bugallo, alcalde de Santiago, por adicar unha rua a Fraga. E o caso do Juan Carlos Borbón, sucesor de Franco, non estaria afectado pola lei da memoria historica ou lle aplicamos a da desmemoria como aos reconvertido a democratas do rexime franquista.

Barcelos #14 11/Xullo/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aos 33 anos de democracia, algúns van recuperando a memoria histórica que perderan durante este tempo.

Supoño que coas rúas dos nomes de militantes de ETA utilizarán o mesmo criterio.

O mellor é non pór nomes ás rúas e así nunca haberá problemas.

Eu négome a chamar: Estadio Santiago Bernabeu, Avenida de Francisco Vazquez, Avenida de Alfonso Molina...

ecoe #15 11/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Carrillo foi tamén especialista en AÉREOCOMUNISMOS: antecedente necesario do Llamasares!

luisfoz #16 11/Xullo/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Informaçom para a ave preeira (gavioteiro por se nom me entender). Juan Canalejo era um pistoleiro falangista (e dos mais perigosos) antes do golpe militar-fascista de 1936. Devido às actuaçons violentas de FE de las JONS, o governo republicano tomou algumhas, leves, medidas contra ela. Na Crunha isto provocou umha redada em que fôrom detidos vários militantes desse partido. Juan Canalejo foi avisado por um dos militares conspiradores (creio que foi López Buylla) e, dando provas de valor fugiu a Madrid onde se relacionava com altos cargos de FE de las JONS, acabando por ser detido na capital do estado.

Carlinhos #17 11/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

11# Senhor Galeguzo. Por Favor!!! Como é que se lhe ocorre fazer mençom a um dado da própria notícia e que por riba aparez no oitavo e derradeiro parágrafo.
Como ousa ponher algo assi baixo a epígrafe Comentários()?! Vostede deveria saber que é costume ler o título da notícia olhar para a foto e imediatamente comentar. Às vezes, e sempre depois de comentar, em casos excepcionais botamos-lhe umha olhadela à noticia para comprovar se metemos muito a zoca no comentário; mais nom é o habitual nem o ortodoxo.
Espero que nom se repita. Saúde.

Chousa #18 11/Xullo/2008 Chousa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa temos o CHOU, o CHOP, o CHUS e agora dámoslle a benvida ao CHUC!

tonohxc #19 11/Xullo/2008 tonohxc
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 Carrillo vendido ao Euro-comunismo socialdemocrata e à monarquia. Viva o Líster!

¿O mesmo Líster que se adicaba a esnaquizar a revolición?

Gaviotero #20 11/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

galeguzo, asesino en todo caso tú y tu puñetera madre.

Alberto, "pobre subnormal" y "bobo-fascista" tú y tu puñetera madre.

A los demás no os he leído porque tanto rebuzno me aburre...

Carlinhos #21 12/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

19# Venha, amigo libertário ainda andamos nestas do 39? De triunfar a Revoluçom, teria um ano máis de "data de caducidade" do que tivo a Constituiçom do 31; os nazis invadiariam a Península sem problema nengum; entre o apoio da "5ª columna", o português e italiano, já sem o apoio da URSS e coa inibiçom dos Estados burgueses(que fariam festa), merendam a vossa Revoluçom dum envio. Haveria umha gloriosa guerrilha; umha heróica resisténcia e, ao finalizar a II Guerra Mundial, acabaria sendo O Estado Republicano? Espanhol umha democracia burguesa controlada polo militarismo e o imperialismo ianque e o Capital como Alemanha ou Itália.
Mercê a Líster o Socialismo mantivo-se no Leste, queimou etapas, e algo aprenderiamos dos erros; os comunistas algo aprendemos polo menos, umha das cousas a nom trabucar-nos de inimigo.
Saúde, anti-imperialismo e antifascismo!
Quando os derrotemos já discutiremos.

-Xavier #22 12/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero tem duas varas diferentes de medir: o Che para ele era um assassino mas Juan Canalejo era "el jefe de la Falange".

Quero chamar a atenção para um erro historiográfico em que incorrem muitas pessoas, que é o facto de considerar, como faz Gaviotero, que houve uma guerra que começou quando Franco realizou o golpe de Estado contra o Governo da IIª República Espanhola: "dos meses después de iniciada la guerra". A guerra -é algo tão óbvio dizê-lo- não começou como uma guerra, foi um golpe de Estado que se traduziu numa guerra dos golpistas contra os republicanos. Se houvesse que considerar "nacional" algum bando, haveria que considerar o bando republicano, já que defendia o Governo legítimo. O outro bando estava não tinha nada de "nacional" nem sequer num sentido espanhol porque estava composto polos espanholistas golpistas.

Por outra parte, os insultos de Gaviotero em #20 a galeguzo, alberto, às suas correspondentes mães e às pessoas que comentam em geral (--> "A los demás no os he leído porque tanto rebuzno me aburre...") não fazem sentido num fio de comentários onde se deveria refletir, ou/e razoar, ou/e expor livremente as opiniões de cada pessoa, ou dar parabéns ou o que for, mas tendo um mínimo de respeito. O facto de que o comentário #20 seja composto apenas de insultos tão graves e irreflexivos é um verdadeiro insulto à inteligência de Gaviotero. Espero que ninguém se sinta ofendido por quem não é capaz de razoar argumentos e tem de recorrer ao insulto inclusive das pessoas que nem conheço.

Saúde e reflexão.

Carlinhos #23 12/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

18# É que nom escolhem os nomes ao CHOU; neste país é subversivo ponher nomes como Ánxel Casal, Alexandre Bóveda, Camilo Diaz... (Rosalia e Castelao valem; a primeira "era una llorona" e o segundo "un humorista Gallego" {olha o monstrolito que lhe pugerom em Orozkostadt, antes Lugo}) quer dizer, é radical e revolucionário ponher os nomes dos assassinados e nom dos assassinos nem dos pupilos do Assassino e da sua "coelhil" descendéncia que herdaram nom sei se o Reino dos Céus, mais si outro deste mundo...
No que atinge ao nome do hospital "Xoán Canalexo" que diz a TVG, o PPdeG(énova) na sua viage ao centro da dereita, antes de chegar ao poder e recuperarem o nome do genocida, proporam um acrónimo alternativo e de consenso co sector Pacovazquista do P$0€:(o incrível) CHULC.
Cousas máis estranhas temos visto e padecido.

OBSERVADOR #24 12/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que desde a perspectiva do vencedor foram chamados "nacionais" são/foram na realidade os REBELDES AO GOVERNO.

Ou seja, os TERRORISTAS.

-Xavier #25 12/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No comentário #22 disse: "A guerra -é algo tão óbvio dizê-lo- não começou como uma guerra, foi um golpe de Estado que se traduziu numa guerra dos golpistas contra os republicanos"

Na realidade expressei-me mal. O que queria dizer é "A guerra -é algo tão óbvio dizê-lo- não começou como uma guerra, foi um golpe de Estado que se traduziu numa guerra dos golpistas CONTRA A ORDEM DEMOCRÁTICA ESTABELECIDA: A IIª REPÚBLICA* ESPANHOLA".


*"Democrática" à espanhola, mas entenda-se.

-Xavier #26 12/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

OBSERVADOR,

Pois.


http://www.rebelion.org/notici...

OBSERVADOR #27 13/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom artigo. Obrigado.

Os de Vieiros poderiam colocá-lo anexo à notícia...

sophia #28 13/Xullo/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algo se vai movendo, despois de 33 anos, pero aínda non se move dabondo, ou non o movemos. A xente nova tamén temos culpa.

rockandroll #29 14/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Juan Canalejo, como rezava o autocolante da CRMH da Corunha, nom era um cardiólogo. Portanto o seu nome nunca pintou nada como denominaçom de um hospital. Por outra banda, dizer que Juan Canalejo nom foi, como di o gaviotero, assassinado. Foi EXECUTADO por traidor. Por trair à tua querida Espanha, Gaviotero, nom o esqueças.

rockandroll #30 14/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, os colegas da CNT (e outros ácratas vários) podiam ter o detalhe de calar a boquinha: locirom-se de caralho intentando vender-lhe Madrid à Falange a cámbio de perdoar-lhes a vida.

Tino #31 15/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bernaldina: as vírgulas ,,xermánicas" q ti dis son as recomendadas en galego, ainda q hai xente q prefire usar as inglesas introducidas polos españois no galego...
Calquera q sexa a forma das vírgulas, non desvirtua o contido do texto, q no caso desta noticia está traducido con calzador do castellano... Á FIN...

cidadan77 #32 15/Xullo/2008 cidadan77
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Suxiro que non escollan ao CHOU e que lle poñan CHUCO para que con CHUS faga parella para tomar un CHOP ;)

E digo eu, non haberá médicos galegos a quen dedicarlles un hóspital? Por que poñerlle nomes de persoeiros galeguistas que nada teñen que ver coa medicina?

fillotolo #33 17/Xullo/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se a merda fora un tesouro as gaivotas serían de ouro. Como sempre digo e me reafirmo as gaivotas son as ratas do aire¡¡¡¡

Jatopardo #34 17/Xullo/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora falando en serio, menudo cabezón ten o Juan Canalejo este.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O complexo hospitalario, visto dende o ar
O complexo hospitalario, visto dende o ar
Na actualidade aínda existe un colexio co nome de Carme Polo e outro co de Franco
Na actualidade aínda existe un colexio co nome de Carme Polo e outro co de Franco
Millán Astray, fundador da Lexión, a carón de Franco
Millán Astray, fundador da Lexión, a carón de Franco