Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PORTUGAL

O presidente da Madeira critica a presenza das FARC na Festa do Avante

Alberto João Jardim cre que é "espantoso" que a Xustiza portuguesa permita que a guerrilla colombiana estea presente todos os anos na festa do PCP.

Redacción - 10:00 13/07/2008

O presidente do Governo Regional da Madeira, Alberto João Jardim, criticou esta semana á Xustiza Portuguesa e ao Ministério Público por permitiren que representantes das FARC estean presentes todos os anos na Festa Avante! do PCP.

"É espantoso este país, até quando Fidel Castro já condena os homens da guerrilha colombiana, os terroristas narcotraficantes que fazem sequestros, anda o PCP na Assembleia da República a defender essa gente", dixo Jardim.

Jardim apunta cara o Ministerio Público

"O que me espanta é que depois do direito internacional condenar sequestrar pessoas, não percebo o que anda a fazer a justiça portuguesa, que todos os anos vem a Portugal uma representação dessas forças e as autoridades portuguesa não se mexem. Não sei que raio andam a fazer as polícias o Ministério Público", acrecentou o presidente de rexión autónoma portuguesa.

Ademais, Alberto João Jardim salientou que "é preciso dar mais atenção ao fenómeno político social que está a crescer na zona andina", referíndose á ameaza feita polo presidente venezolano Hugo Chávez de expulsar todos os bancos da UE do seu país.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (5)

galeguzo #1 13/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Várias cousas, povo. A primeira, não confundir "Festa Avante" com "Festa do Avante" ;-)

A segunda, uma cousa é que Jardim diga que uma cousa o espanta (surpreende) a que seja "um espanto" (palavra ambígua).

Morcego #2 13/Xullo/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que é verdadeiramente espantoso (no sentido português da palavra) é a condescendência com o narco-regime colombiano de Uribe por parte do cacique João Jardim, dos Estados Unidos (Que moral tem esta gente para falar de sequestros e narco-tráfico!), do Canadá e da União Europeia, num país onde o sequestro e o assassínio de sindicalistas e militantes de esquerda é comum.

Em abono da verdade: as FARC nunca estiveram na Festa do Avante!

Claro que Jardim está preocupado com os bancos da UE na Venezuela. A Madeira é um "Paraíso Fiscal", onde os bancos da União Europeia, e não só, fazem o trabalho sujo de branqueamento de capitais de origem duvidosa e roubam os estados com a fuga fiscal.

ecoe #3 13/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O espantoso (en portugués) presidente da Madeira ten un "lixeiro" na testa, e adoece de incontinencia.

Non miro por qué non podería ir o representante político en €Uropa das Farc a unha festa da esquerda?? Queirase ou non son o lexítimo goberno de máis de un terzo da superficie terrestre colombiana.

castelom #4 13/Xullo/2008 castelom
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que descaro!
O que deveria fazer este senhor é mentar o menos possível a Justiça se este se escrevesse com maiúsculas.
Que tenhem de mao as FARC que nom o tenha o PCP? E que nom tenha o Estado português?

COUTOVEN #5 13/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se Como non. Como di unha canción italiana “ palabras tan só palabras hai ente os dous” Cando este señor di que Chávez sinalo:

“ameaza feita polo presidente venezolano Hugo Chávez de expulsar todos vos bancos dá UE do seu país”

Claro que é certo que a dixo. Como tamén dixo fai bastantes anos xa.

Que se cambiaba o nome se seguían existindo nenos da rúa. E aínda chámase igual.

No que vai de ano pasou de sinalar que as FARC era un exército e que tiña límites xeográficos con Venezuela, digno de ser considerados belixerantes e para nada terroristas a dicirlles que a súa causa estaba perdida. E vale a pena recordar que fai 2 anos xuro pola súa nai que nunca tería tratos coa guerrilla.

http://www.youtube... (A nai de Hugo aínda non sae do susto)

http://www.youtube... (Neste caso cualifícase a Uribe cos mellores adxectivos descalificatorios que se lle poden ocorrer)

http://www.youtube... Entón. En que quedamos? Son ou non son.

No que vai de ano rompeu relacións con Colombia e ata sinalo que non falaría máis con Uribe. Resulta que fai menos de 24 horas dúas dábanse abrazos e miradas cómplices.

É mais aquí teñen un vídeo onde o bo Hugo fai gala da súa falta de palabra.

http://www.youtube.com/watch?v...

De tal xeito que esta é a CANTINFLERICA forma con que Chávez goberna Venezuela e fai política internacional. Dilapidado 10 anos de puxanza petroleira. Comprando conciencias e creando as condicións para perpetuarse no poder. Polo tanto, dubido que peche ningún banco xa que estes foron os seus mellores aliados desde a súa época de candidato. É que non saben que o Grupo Santander deu financiamiento para a súa primeira campaña electoral?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: