Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O voto en urna depende do goberno español

A reforma do voto exterior, unanimidade pero sen consenso

O BNG alerta de que a tramitación ordinaria no Congreso non permitirá que o cambio se aprobe antes das eleccións.

Redacción - 19:00 14/07/2008

En pleno extraordinario e por unanimidade. As tres forzas políticas de Galiza véñense de sumar para garantir que os emigrantes poidan votar en urna e instan ao goberno central a reformar a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg). O seguinte paso agora é a tramitación no Congreso, un procedemento que, de seguir o seu trámite normal, non remataría antes das eleccións, previstas para o marzo próximo.

Outra peza máis nun longo crebacabezas
Tanto PSdeG, como BNG, como PP votaron a prol do cambio, nun último capítulo dunha longa serie que semella que rematará sen que os galegos do exterior poidan depositar o seu voto en urna. Sen embargo, as discrepancias sobre a viabilidade en tempo da reforma son tamén evidentes.

Emilio Pérez Touriño manifesta o seu desexo de que a reforma da lei electoral estea lista antes dos comicios e destaca que a súa formación está comprometida plenamente con esta vontade. Ademais, asegura que a iniciativa aprobada na cámara foi impulsada e promovida por el mesmo. Doutra banda, o PP manifesta a súa inseguridade sobre que a reforma se leve a cabo antes das eleccións e sinala a Touriño e a Rodríguez Zapatero como responsables se o cambio non se materializa a tempo. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, afirmou que "aínda se está a tempo" para levar a cabo a reforma antes das próximas eleccións galegas. Así, Quintana insta a Zapatero a iniciar os trámites para a reforma electoral "porque do contrario iría en contra da cidadanía galega e da transparencia democrática".

Finalmente, o BNG lamenta o tempo perdido e asegura que a súa formación traballará para que o goberno central asuma como propio o texto aprobado no Parlamento e o presente como un proxecto de lei. Se isto sucedese, axilizaríase a súa tramitación e a reforma da lei electoral podería chegar a tempo. Ademais, na Deputación Permanente do Congreso debaterase a solicitude dos nacionalistas para que neste mes de xullo acuda ao Congreso a vicepresidenta primeira do goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para que clarifique a disposición do executivo a tramitar a modificación da lei electoral.


4,67/5 (3 votos)

Comentarios (3)

Barbara #1 15/Xullo/2008 Barbara
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nós, os galegos cumprimos. O noso Parlamento actuo con consenso e responsabilidade e agora temos que se optimistas esperando que no Congreso o PSOE empurre para que o porceso sexa o máis curto posible. Sería unha nova trangallada que máis de 300.000 galegos non puidesen votar en URNA nas vindeiras autonómicas. Se hai vontade pódese facer. O avance é necesario para superar vellos vicios que convertían ao voto en mercadoría e ao votante en cliente daquela formación que o invitaba a unha cea.

Artiguista #2 17/Xullo/2008 Artiguista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai ser firmes e loitar para que nas vindeiras autonómicas sexa unha realidade o VOTO EN URNA. Estamos falando de algo normal pero que evidentemente non interesaba modificar aos dous grandes partidos estatais. Se o PP quere agora a reforma é porque está na oposición e considera que o máis prexudicado será o PSOE galego. En que sairá prexudicado? Pois en que baixará a participación (é lóxico porque antes viñan os traficantes a recoller pola casa os sobres)pero seguirá tendo forza. O BNG quere o voto limpo por ética sen facer ningún tipo de cábalas xa que na Emigración é tamén a terceira forza pero lonxe dos outros dous partidos. Hai que mollarse! Hai que deixarse de excusas! Hai tempo para a reforma (se se quere facer, claro)

Jatopardo #3 17/Xullo/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que ten coña é que o futuro de Galicia o decidan personas que na vida puxeron un pé aquí.

Isto nunha democracia decente chamaríase adulteración electoral.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: