A consellaría deixa de valorar antigüidade, traxectoria, voluntarios ou mesmo recursos adicados a proxectos ambientais na convocatoria de axudas a asociacións.
"Calquera asociación recentemente constituída cun número de socios mínimo, sen traxectoria previa nin criterios que avalen a súa solvencia, está nas mesmas condicións que entidades con milleiros de socios, persoal propio, décadas de traxectoria, experiencia e compromiso ambiental probados", denuncian desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, ao respecto da convocatoria de axudas a entidades ambientalistas de 2008.
Unha decisión que en opinión de Adega é exemplo do manexo "caprichoso e pouco transparente" dos cartos públicos. A convocatoria estabelecida ao fío pola Consellaría de Medio Ambiente evitou pasar pola peneira do Consello Galego de Medio Ambiente e tampouco foi debatida no Observatorio Galego de Educación Ambiental. De paso, atrasou a súa publicación con criterios non revelados, e ao tempo modificou "radicalmente" as bases e baremos.
Criterios "subxectivos"
As novas bases optan por consideracións "subxectivas" e "faltas de criterio", en opinión de Adega. O máis grave, segundo denuncian, é que deixa de avaliarse "a solvencia dunha entidade á hora de recibir fondos públicos".
Consultados por Vieiros, diversos colectivos vencellados ao ecoloxismo galego, afirman ver con estrañeza a introdución de apartados específicos na convocatoria que fixan axudas concretas para "federacións" de colectivos ambientais. Trátase dunha tipoloxía non introducida até o de agora, malia a existencia desde hai tempo dunha plataforma que agrupa os principais colectivos ambientais do país, a Federación Ecoloxista Galega.
O novo criterio para a recepción de axudas coincide no tempo coa aparición da chamada Federación Galega do Medio Ambiente, integrada á súa vez por máis de trinta colectivos que, na práctica maioría, desde as asociacións con máis longa traxectoria no ecoloxismo do país, din descoñecer. Casualmente, a convocatoria de 2008 inclúe un apartado de "investimentos" exclusivo para as federacións, que ademais tamén poden concursar no resto de apartados. Por exemplo, de forma concreta, para investimentos a realizar por estas federacións fíxanse até 2.500 euros por cada entidade adherida até un máximo total de 70 mil euros por ano.
Desde Adega pídenlle á Consellaría de Medio Ambiente a modificación da norma e a aplicación de criterios "claros" relacionados coa "orientación e calidade" das actividades subvencionábeis. Durante a tarde do luns non foi posíbel obter unha resposta oficial desde a administración ao respecto destas reclamacións.
Non séi se vos decatachedes, mais a Xunta bipartita, é dicer, os que se sentan con Pachi Vazquez nos consellos da Xunta non son os do PP (que son todo o que se diga e máis), senon o BNG.
Que eu saiba, os consellos da Xunta, como os consellos de ministros.... todos os seus membros son corresponsabéis das decisions... Senon vai ter razon Feijoo que na Galiza ha dous gobernos, o do PSOE e o do BNG. E, segun as declaracions tanto de Touriño como de Quintana iso no é certo, ha acordo no camiño entre ambos.
Por iso, soa a demagoxia electoralista o de desmarcarse dun conselleiro da mesma Xunta na que esta os dous.
Senon é así, que dimitan os membros do BNG e enton deixaran de ser complices do PPsoe.
Para que entendáis, porque temome que as miñas palabras, visto o sectarismo e a prepotencia dalguns van ser mal interpretadas, un goberno é como un matrimonio, pode haber separacions de bens; mais os dous son corresponsabéis das decisions que se toman.
Senon queN pode fiarse dun, que cando veñen mal dadas, din: foi o outro, eu non.
É pouco de fiar... Polo menos o PPsoe son claros: son centralistas, neoliberais e patriarcais. Sabemos quenes son.
Pois non creo que estén moi de acordo alguns do PSdeG con estas compoñendas do Pachi.
Pois que exixan a súa saida da Xunta... O que non pode ser é isa maneira de facer politica de "nadar e gardar-la roupa". É a mellor maneira de que a xente diga: todos son iguais, os do PP, os do PSOE e os do BNG.... so ollan pola sua poltrona.
E quen paga non é o PP -o PP é un partido que ten a corrupcion nos seus xenes, a un ppero non se lle exixe eticidade, é un partido de franquistas-, ao PSOE hai tempo -dende Felipe Gonzalez, que o coñecemos, xa sabemos do que é capaz-, mais o BNG se supon que non o era... Mais coa sua presenza no goberno do PPsoe, comeza a entra xa no saco do "todos son iguais", e é o que ten máis que perder.
Se non os defensores de Quintana e a direccion do BNG non o entenden, que lles vaia ben coa sua ceguera; mais que deixen de dicer que eles non son correponsbéis do que fan os seus compañeiros de Goberno, os PPsoe.
Penso que a mellor forma de garantir a independencia é que as asociacións ecoloxistas non recibiran subvencións públicas. Neste sentido, a postura de entidades como Greenpeace (moi cribicable noutros temas) paréceme a máis axeitada. Así a propósito do financiamento de Greenpeace, sinalan:
"Greenpeace no acepta, en ninguna parte del mundo, subvenciones de gobiernos, municipios o partidos políticos, ni donaciones o patrocinios de empresas. La independencia económica, la independencia política y la no violencia, son elementos básicos en nuestra forma de actuación."
A min paréceme a postura máis correcta. Se os grupos ecoloxistas non reciben nin can de administracións ou empresas, van poder criticar os atropelos medio ambientales con maior independencia do que o fan até o de agora.
O conselheiro compra com os fundos da sua conselharia os apoios no seu partido para lançar a Orozco à candidatura da Xunta.
Exactamente o mesmo que faz o Ricardo Varela.
As financiações "extranhas" a determinados amiguinhos não é nada novo, mas estes dous socialistos estão a passar-se.
À medida de quem da Vicepresidência as suas ajudas a colectivos?
*dá
Jatopardo: o dinheiro público é de tod@s, nom do conselheiro, (vice)presidente, alcalde ou o que for de turno. Greenpeace nom aceita subvençons mas contrata ETTs para fazer sóci@s pola rua. As organizaçons, se querem manter a sua independência devem procurar o máximo auto-financiamento possível e diversificar as suas fontes de ingressos, assi podem evitar a dependência dum partido, administraçom ou empresa. Um exemplo disto som os límites que se auto-impom Verdegaia: "Os ingresos propios nunca serán inferiores ao 25% dos ingresos totais da asociación. Ningún dos financiadores externos poderá achegar máis dun terzo dos ingresos totais" http://www.verdegaia.org/conte...
o diñeiro público é de todos, pero encargámoslle a un paisano que o reparta.
Pero se os cambios principais é que deixa de incluírse a "solvencia" como un criterio no reparto de axudas, témome que estou de acordo: nunca me molaron os trienios, que recompensan o acomodamento e castigan a innovación.
Subvencionismo: práctica que se basea en repartir recursos públicos discrecionalmente. é unha arma política para enfrontar a unha parte da sociedade con outra sen solución de continuidade, porque cando unha parte non recibe, traballará para que a próxima vez lle toque a ela.
Salvo casos moi concretos: axudas a pesoas ou colectivos moi determinados, paréceme unha práctica decimonónica, caudillista, caciquil. Galiza a duras penas está saíndo do conglomerado subvencionil. O máis xusto nunha sociedade como a nosa sería eliminar a subvención e que os diñeiros dos impostos servisen para crear e manter estruturas que sirvan a sociedade (de xestión pública, non prvatizadas): ensino, sanidade, servizos sociais e antención a anciáns, infancia, indixencia... Problemáticas como o desemprego, violencias domésticas, desestruturación social (rural e urbana)... Hai tanto onde empregar os recursos públicos de maneira útil e construtiva! Pero parece que o que lle interesa aos políticos é o poder e o control da sociedade, non traballar a prol da saúde social. Mentres @s cidadáns non exixamos isto, eles e máis elas, @s da política, seguirán nas mesmas.
Os ecoloxistas galegos estań moi lonxe de acadar o compromiso doutras organizacións internacionais. Un exemplo: ADEGA acaba de recibir 70.000 euros por asesorar a voluntarios en materia de protección dos ríos galegos. E non é aprimeira vez que isto ocorre. Curiosamente é ADEGA quen máis protesta polos criterios que Medio Ambiente dita para conceder as axudas.
En suma, unha merenda de "negros" (non busquen interpretacións pexorativas). Que país.
Posiblemente os criterios da Consellería de MA sexan como mínimo turbios. Pero Adega faría ben en dicir cantos cartos chupa das Consellerías do BNG, particularmente co roliño do voluntariado, etc e de paso poderían dicir ónde está a xanela para que os demais chupen tamén eses cartos. Tamén sería interesante ver os cartos extra que se chuparon determinados directivos co tema dos incendios, do tema dos ríos, etc, se ata lle van poñer casa a un socio da Ulloa!
Se Adega deixara de coquetar co bloque non pasaría esto. Son listos, pero non son os únicos listos.