Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
HOUBO FURIA DOS MANIFESTANTES

Dous represores arxentinos condenados, pero sen cárcere común

Os ex-todopoderosos xenocidas que estenderon nos anos 70 o terror e a morte na provincia de Tucumán, ao norte do país austral, foron sentenciados a cadea perpetua. Son Antonio Bussi e Luciano Benjamín Menendez. Con todo, a Xustiza non os mandou a un cárcere normal.

Débora Campos - 09:30 30/08/2008

A Xustiza da provincia arxentina de Tucumán condenou este xoves os represores Antonio Bussi e Luciano Benjamín Menéndez a prisión perpetua pola desaparición do ex-senador provincial Guillermo Vargas Aignasse no ano 1976. Tras coñecerse a sentenza, rexistráronse incidentes cando se dispuxo que os ex-militares non fosen trasladados a un cárcere común.

Bussi e Menéndez foron condenados a prisión perpetua e inhabilitación absoluta e perpetua por asociación ilícita, violación de domicilios e privación ilexítima de liberdade, imposición de tormentos agravados e homicidio agravado por aleivosía polo concurso premeditado pola participación de dúas ou máis persoas co fin de actuar con impunidade.

Os maxistrados decidiron diferir o pronunciamiento sobre a forma de condena de prisión imposta aos imputados, manténdose até esa instancia a modalidade de cumprimento da prisión preventiva vixente que no caso de Bussi é arresto na súa propia casa.

Esta situación causou malestar entre os manifestantes de dereitos humanos que esperaban a sentencia fronte á sede do Tribunal Federal Oral de Tucumán e que pretendían que se dispoña o traslado de Bussi e de Menéndez ao cárcere de Vila Urquiza para que cumpran a condena xunto con presos comúns.

Antes da sentenza, os represores defenderon o seu proceder durante os anos 70 e repetiron que a Arxentina "padecía unha guerra", ao falar antes de que se escoitase a decisión dos xuices.

O primeiro en opinar foi Bussi, quen asegurou: "A pesar de non ser os meus xuíces naturais, teñen a honra de ser maxistrados do lugar que foi berce da independencia e sepulcro da subversión marxista-leninista. Xunto a soldados combativos, derrotamos na Serra Mestra arxentina a agresión que perseguía converter ao país nun satélite soviético”.

Bussi dixo que se sente “un perseguido político dos derrotados do pasado nun combate xusto", ao referir a avanzada ilegal das forzas militares do Estado contra todo quen que non pensase coma eles e que rexeitase a implementación dun modelo socio-económico que levou á pobreza a millóns de arxentinos.

Decontado, falou Menéndez, que manifestou que, desde 1960, a Arxentina "padece as consecuencias da peor das guerras, a silenciosa, a revolucionaria, que é global, inexorable e permanente".

"A Arxentina ostenta o dubidoso mérito de ser o primeiro país na historia que xulga os seus soldados vitoriosos, que loitaron e venceron por orde e para os seus compatriotas”, dixo procurando unha xustificación militar a unha guerra que nunca existiu.

O fiscal Terraf solicitara que os represores fosen condenados a prisión perpetua por formar parte dunha tiranía que, tras o golpe de estado de 1976, dedicouse a aniquilar a quen pensaba diferente. "A Arxentina padeceu unha tiranía, que despregou un plan organizado de terror, que tiña por obxectivo eliminar o que pensaba distinto de quen exercía o poder. Bastaba coa simple disidencia de pensamento, non de acción, para ser vítima do terrorismo xenocida", aseverou.

A pesar da sentenza, a situación xudicial de Bussi e Menéndez non termina agora, porque ambos están imputados noutras 600 causas por violacións aos dereitos humanos.


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

OBSERVADOR #1 30/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.gara.net/azkenak/08...

subela #2 30/Agosto/2008 subela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nalgúns países cando acaban as ditaduras, hai xuizos nos que se condena aos xenocidas. Noutros, nos que a ditadura tarda moito máis en superarse, fanse "transicións modélicas" que ao cabo son unha auténtica trapallada

xaviersouto #3 31/Agosto/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E logo ao Aznar este que parece que quer voltar a passar-nos pelos fucunhos seu grandes sucessos eonómicos, no haverá que julgá-lo por Ira? 650 mil mortos no que vai de guerra parecem muitas mais do que as vítimas da ditadura argentina.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A familia do desaparecido Guillermo Vargas Aignasse escoita as palabras de Antonio Domingo Bussi. / Julio Pantoja/Télam
A familia do desaparecido Guillermo Vargas Aignasse escoita as palabras de Antonio Domingo Bussi. / Julio Pantoja/Télam
A policìa lanzou gases lacrimóxenos contra os manifestantes.. / Julio Pantoja/Télam
A policìa lanzou gases lacrimóxenos contra os manifestantes.. / Julio Pantoja/Télam
Nunha cadeira de rodas e coa asistencia de osixeno -que non necesita segundo probas de saude feitas polo tribunal- o represor Bussi xustifica o terror e a matanza espallada nos anos 70 en Tucuman. No
Nunha cadeira de rodas e coa asistencia de osixeno -que non necesita segundo probas de saude feitas polo tribunal- o represor Bussi xustifica o terror e a matanza espallada nos anos 70 en Tucuman. No



Locais:
GZ-Sete