A Comisión Executiva Federal en Europa, en consonancia coa dirección a nivel estatal, considera necesario que os partidos "conteñan a impaciencia".
Marco Ferrara, do PSOE-Europa
A federación europea do PSOE móstrase partidaria de estudar todas as fórmulas posíbeis para mellorar o sistema de voto dos residentes ausentes, o que para os socialistas pasaría polo voto electrónico ou por compaxinar o voto por correo actual co sufraxio directo en urna.
Os socialistas chegaron a esta conclusión logo de que, nun acto organizado esta fin de semana en Lausanne (Suíza), a nova Comisión Executiva Federal do PSOE en Europa se reunise por vez primeira.
O PSOE europeo considera necesario que os partidos políticos "conteñan a impaciencia" e traballen para unha modificación "integral" da Lei Electoral, en troques de iren adoptando acordos "precipitados e improvisados" sobre puntos concretos como o voto exterior.
A postura, en consonancia coa dirección do PSOE, contrasta coa de PPdeG e BNG que, en base á iniciativa aprobada polo Parlamento antes do parón estival, defenden a conveniencia de darlle prioridade a este asunto.
"No exterior, temos máis ganas ca ninguén de que a reforma salga adiante. Mais as cousas que merecen ser feitas merecen ser ben feitas", comentou o secretario de Comunicación da federación europea, Marco Ferrara.
Sobre a representación parlamentaria dos residentes no exterior, o representante europeo do PSOE dixo que non pode responder a "criterios improvisados" que leven a unha representación "simbólica", lonxe do "obxectivo de ningún demócrata".
Claro, hai que deixar que sigan votando os mortos, e que un par de mans cubran con idéntica caligrafía centos de votos perfectamente válidos dispois. Iso está moi proximo ao que quere un suposto "demócrata", supoñéndolle moito, claro.
A impaciencia é cualidade de quen non dispón. O PSOE dispuxo, arrumou, ordenou e seica governou moitos anos con grande inxerencia na soberania dos mortos. E co PP asistimos ao grande compango de ultratumba. Os vivos temos dabondo coa impaciencia.