Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Selección Común –con maiúscula–

10:45 03/07/2008

En Donostia, tamén coñecida como San Sebastián, dúas ducias de exaltados tentaron reproducir o ritual político de celebrar a vitoria de España na Eurocopa de fútbol. A xente nin caso lles facía, seguían circulando ou agardaban a que cambiase o semáforo dentro do coche.

Ante o que consideraron ofensa intolerable, o grupiño de exaltados decidiu impedir o tráfico e obrigar a quen conducía o seu vehículo a tocar a bucina sumándose á xolda. Non tiveron éxito. A diferenza entre un corte ilegal de tráfico e unha manifestación popular de alegría é subxectiva, pero ás veces abonda con medila por número de participantes. Vinte persoas empeñábanse, co apoio do xuíz Garzón e do ministro Rubalcaba, en que Donostia enteira vibrase desde a praia ata o monte. E non vibrou.

Repítese que hai unha selección Común, con maiúscula, igual que se repite ata enxordecernos que hai unha lingua Común. O Común con maiúscula abuchara, neno, dicían no meu barrio. Punto Fundacional: todos os españois teñen o deber de animar a selección española. Fernando Savater, en vez de tanta turné de cinco estrelas para explicar o que é ético e o que non, debía impulsar un Manifesto pola Selección Común. As demais seleccións españolas poderían ser oficiais dentro da súa comunidade, ou sexa, como se refundan a Liga da Montaña e se dan de hostias.

Cando oímos “fútbol só é fútbol” e xusto no segundo seguinte (Angels Barceló, Rodríguez Zapatero, ABC), con pasmosa naturalidade –e quen non sexa pasmosamente natural, que se ateña ás consecuencias– espetan que nos abrazamos porque falamos a mesma Lingua, que nos abrazamos dignificando a Bandeira, que nos abrazamos e se reactiva a Nación, cando oímos esa música sabemos a letra que segue.

Despois din que che asiste a Democracia: podes a aspirar a ter algún día a túa selección, sempre que asines por adiantado que ese desexo só será legal mentres renuncie a cumprirse. Porque querer un equipo propio esixe contar coa autorización previa de todos os que cren que, se non vibras coa selección de España, algo malo che ocorre.

Total, os fulanos de Donostia acabaron enfrentándose á policía municipal e esta, de bo xorne, recordoulles que antes da Selección Común está o sentido común: vinte persoas non poden cortar o tráfico por moi contentas que se poñan despois de ver a tele. A súa alegría resultaba tan furibunda que a cousa acabou cunha patrulla da Ertzantza restaurando a normalidade do domingo pola noite. En poucas horas os foros da rede rebuliron con seareiros da Selección Común que esixían, como prescribe a lei, unha intervención militar para garantir a liberdade no País Vasco. Fútbol é fútbol.

Mentres, no Corgo, onde desfrutábamos dun confortador silencio, alguén estoupou dous foguetes na escuridade, pum! pum!. Tamén se oen no inverno cando gaña o Madrid, ou o Barcelona ou o Deportivo. Que tamén os botarían nun partido oficial da Irmandiña é unha certeza absoluta. Desde o Paleolítico, quen determina as festas controla o corazón.

4,69/5 (59 votos)


Comentarios (27)

Anti_Lusista #1 3/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na meirande parte concordo, pero pode que iso pasara en Donosti, pero en Bilbao polo que se viu o choio non foi o mesmo, algunhas ruas estaban ateigadas, e no noso país incluso a Praza Roxa de Compostela... O choio non sería malo se este estado fose un estado plurinacional que respectara as nacionalidades non españolas tamén, pero seguramente o deporte outra vez terá unha utilidade política e iso é noxento pero este tipo de competicións cumpren con iste cometido.

Calqueira selección deportiva nace cunha idea política, un país, unha idioloxía, unha bandeira... Ate a nosa irmandiña ten isa vontade política, un dos pasos para sermos nación, por certo non é ningunha carallada.

En fin se o estado nación é un invento, sí un invento, de finais do XVII as seleccións deportivas son invencións posteriores para homoxeneizar a un territorio, e por tanto as seleccións deportivas, máxime o fútbol, cumpren a perfección a súa laboura.

galeguzo #2 3/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oi, pois desde ao pé da Pastoriça também só ouvimos dous ou três foguetes, e pola LU-120 não passou qualquer exaltado a tocar na buzina (e nos focinhos) polo triunfo de "La Roja".

E sobre o de Donostia... Patético o 'Marca' da segunda-feira com fotografias atiradas em todo "el país", porque na correspondente a Donostia só havia uma fonte iluminada, mas NINGUÉM, nem um só ser humano sobre ela ou ao carão.

galeguzo #3 3/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este artigo do Xabier é bom pô-lo ao pé do do Maurício e lê-los juntos, porque pagam muito a pena, abofé! http://www.vieiros.com/opinion...

Tino #4 3/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu tamén tiven q aturar por todo Santiago mequetrefes con saias feitas de bandeiras cor sangue e amarelo (a cor dos ovos chocos, q é o tempo deles); por certo, kixera saber se algun deses machotes con saia lle vai bourar a homosexuais despois pola noite...
Farto, non me kedou mais remedio q increpalos e botarlle os cornos (espero q faga algo ese mal de ollo).
O q me confortou foi escoitar algúns estudantes novos saír á xanela berrando viva Alemaña como contrapeso a tanta euforia uterina.
Mais tarde coches cheos das mesmas bandeiras ferintes tocando a bucina: algunha pedra lle caeu desde enriba, mágoa non foran croios ben grandes!

cangueiro #5 3/Xullo/2008 cangueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

I eu....i eu...vaia...mira ti que había xente...

Teño que admitir que vin a final mais a exhaltación patriótica destes españois...e que non se lle pode dar un pouco de confianza que che comen a braço...demasiaoo...

-Xavier #6 3/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os meus parabéns a Xabier Cordal por este excelente artigo profundamente galego. Parabéns polo excelente domínio da Língua Comum.

Sem reflexão, que seria de nós?

Saúde, saudade e saudações.

Anti_Lusista #7 3/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

*finais do XVIII perdón :s

Anti_Lusista #8 3/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lendo "el país" atopei un curioso anuncio de "nuevas generaciones" que coido que ten un xeito parecido a ununcios semellantes para a defensa do galego, manda carallo. Con iste tipo de anuncios o que están a facer e mais mal que ven, e coido que este país tome nota, e coido co fará, en marzo.

Anti_Lusista #9 3/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

*tomara

Gaviotero #10 3/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Buen intento de llamar a las cosas con nombres alternativos para representar la realidad según el imaginario nacionalista...

Pero no cuela, chaval. La selección española, te guste o no, es la SELECCIÓN NACIONAL, representante de la ÚNICA Nación, con mayúscula, que tenemos: ESPAÑA.

Lo demás, majete, selecciones autonómicas. Que, por otro lado, y pese a intentos como el tuyo, no son oficiales ni lo serán como selecciones nacionales mientras vivas.

Y después...tampoco.

¡VIVA ESPAÑA! ¡VIVA LA SELECCIÓN NACIONAL ESPAÑOLA!

Maeloc-do-Rouco #11 3/Xullo/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero no cuela, chaval. La selección española, te guste o no, es la SELECCIÓN NACIONAL, representante de la ÚNICA Nación, con mayúscula, que tenemos: ESPAÑA.=====NACIONALISMO E-X-C-L-U-I-N-T-E...Fam falha mais provas que a expressom FANATICA e EXALTADA (mais sincera devo dizer) do comenartista anterior?? Se tomasse umha tila e parendesse a respectar a gente nos foros onde se mete tam pouco seria ma coussa...jaora que daquela seria outra pessoa com outra cultura e sobre tudo com EDUCAÇOM, algo que semelha desconhezer...ainda que igual nom e culpa inteiramente de seu

galeguzo #12 4/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só matizar que legal e oficialmente, a selecção espanhola de futebol só representa a "Fedaración Española de Fútbol", não a um país real ou imaginário (como neste caso). Do mesmo jeito a francesa só representa a sua federação, e assim por diante. Isto é assim porque a FIFA, máximo organismo regulador do futebol a nível internacional, ou a UEFA (a nível europeu) somente acolhem no seu seio FEDERAÇÕES. Para os Estados já está a ONU :p

Maeloc-do-Rouco #13 4/Xullo/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que nom deixa de ser abraiante -mais umha herdança franquista??- e que a selecçom da RFEF, a chamada Espanha seja a unica participante nesta Eurocopa -a unica que eu conheça- que nom leva nas suas camissolas o simbolo-emblema da sua correspondente Federaçom, mais o do proprio Estado monarquico

galeguzo #14 4/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Olha, Maeloc, pois eu nem reparara nisso... mas é certo que em troca de levar o emblema da RFEF leva uma adaptação do escudo boubónico (nalguns modelos o escudo levava por baixo uma figura azul para que resaltara sobre o vermelho). Eu lembro ter visto camisolas de alguma das selecções espanholas de futebol com o escudo da RFEF (olimpíadas, sub-20... sei lá) ... talvez só utiliza o boubónico para as grandes competições. Na roupa desportiva e resto de material sim utiliza o logótipo federativo.

galeguzo #15 4/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Maeloc, olha novo! :) Encontrei isto na internet: http://rondenho.blogspot.com/2...

Trata-se da adaptação do escudo bourbónico de que falava acima... mas confirma o que disse em todo momento: o que se lê no escudo é "R. F. E. F." e aparece uma bola de futebol. O dito, pois: a "selección nacional" não é tal, mas a selecção da RFEF.

croiosdetector #16 4/Xullo/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comezo a suspeitar que o Gaivoteiro é un computador...levo tempo dandolle voltas e decididamente é.
De feito, penso que sería fácil facer un script en Perl (por exemplo) que xerase a partir dun hash as frases que repete até o limite.

Ou é un computador, ou é un nacionalista español..

Tino #17 4/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A VER XENTE: eu paso por riba dos comentarios do Gaviotero ese pq non kero le-los, pero vós obrigádesme coas vosas respostas.
TAN DIFICIL É IGNORA-LO? Organizaçao e atençao ao fundo da noticia!

lavesedo #18 4/Xullo/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bo artigo, xabier, parabéns.

Repito o que xa puxen por aí: GAVIOTERO É SUPERLÓPEZ, axiña darei máis datos, ou vas quitar ti a carauta, ghavotas??

rockandroll #19 4/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A alguns fode-lhes muito reconhezê-lo: na Corunha, para festejar os trunfos do Depor congregam-se mínimo 10000 pessoas na fonte de quatro caminhos...para festejar nada menos que a vitória na euro 2008 da selecçom espanhola...3000 pessoas...numha cidade de 200000 habitantes. Ou seja, menuda merda, nom estava toda Galiza com a selecçom pretensamente nacional? Pois parece que nom, vaia.

rockandroll #20 4/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mágoa nom ver como cargavam contra os espanholeiros em Donostia, que me havia rir a cachom...

rockandroll #21 4/Xullo/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se nom fora polos trunfos desportivos, aquí nom havia cristo que tirara à rua umha rojigualda...outra verdade que fode.

-Xavier #22 4/Xullo/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

rockandroll @20:

é que a Corunha é mais corunhesa e corunhesista do que espanhola e espanholista. Haha! Nisso também há muito do caráter galego, mal que lhe pese ao espanholismo porque acham que a Corunha é espanholista. Não nos esqueçamos de que pode ser uma cidade espanholeira, mas nem tão espanholista como alguns e algumas acreditam que é. Na Corunha inclusive a gente que é corunhenta não comunga com o espanholismo.

Corunhenta, corunhesista, espanholeira, espanholista, ... Espero que alguém entenda algo. É preciso conhecer de perto aquilo de que se fala.

Saúde, reflexão e haja uma Galiza com humor, que para péssimo humor já está "Ehpaña".

Anti_Lusista #23 5/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

HAHAHAH "corunhenta" tamén utilizo esa expresión, e mesmo coñezo coruñeses que a utilizan, e non é broma.

Maeloc-do-Rouco #24 5/Xullo/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Galeguzo".. No que eu posso lembrar esta e a primeira volta que o simbolinho da seleçom da RFEF leva a legenda RFEF ...dantes disso sempre levou o escudinho do Estado monarquico em vigor (agas unicamente nas Olimpiadas ao representarem ao Comite Olimpico Espanhol no canto da RFEF)...Em nengum outro caso ha outra equipe de negumha federaçom que se achegue a tal coussa...som simbolinhos "nacionais", mais das federaçons, nom dos estados!!

Xiurisma #25 6/Xullo/2008 Xiurisma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Brillante. Excelente artigo.
Unha (inxenua) suxestión para estudantes ou profesionais da socioloxía: a ninguén se lle ocorre a idea de examinar exhaustivamente dende un punto de vista científico o comportamente da xente diante dun televisor cando xoga a fútbol a Selección do Reino de España (o mesmo podería valer para o Madrid ou o Barça)? Tamén dan para un experimento sociolóxico o comportamento da xente nas vodas, pero iso xa é outro asunto.
Parabéns, Xabier.

molondron #26 7/Xullo/2008 molondron
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi bo, moi bo o artigo. Como lle fode ao Gavitero!!! jejeje

galego83 #27 8/Xullo/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois eu creo que máis que lle fode a Gaviotero, máis vos fode a vos o triunfo e as celebracións posteriores.

Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xabier Cordal

Xabier Cordal

Xabier Cordal Fustes naceu na Coruña en 1965. Exerce como profesor de Lingua e Literatura en Castro Ribeiras de Lea (Terra Chá). Publicou varios libros de poemas, tanto en solitario coma en grupo (con Ronseltz ou coas Redes Escarlata, colectivo do que forma parte actualmente). Colabora ademais no xornal Galicia Hoxe.

Outros artigos de Xabier Cordal en Vieiros:

Roubáronnos o sol (21/10/2005)
Mala conciencia (11/10/2005)
Columnas bárbaras (03/10/2005)
Cidade Vampiro (23/09/2005)
Gasolina (29/08/2005)
Parabéns (29/06/2005)
Política cuántica, II (25/06/2005)

Máis no vello Vieiros.