Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Marco Ferrara, do PSOE-Europa
19:00 13/10/2008 / Sufraxio dos residentes ausentes

O PSOE europeo aposta por combinar voto por correo e en urna no exterior

A Comisión Executiva Federal en Europa, en consonancia coa dirección a nivel estatal, considera necesario que os partidos "conteñan a impaciencia".


Os investidores recuperaron o bo ánimo coa axuda pública
18:15 13/10/2008 / CRISE

A festa volve ás bolsas grazas ao paraugas do capital público

Os principais mercados europeos rexistraron expectaculares subas logo de que os gobernos decidisen sacar o paraugas para combater a crise. O Ibex 35 aumentou un 10,65%.


Chocolate "Amatller", Barcelona, 1900
18:00 13/10/2008 / ALPHONSE MUCHA EN CAIXAFORUM

Sedución, Modernidade, Utopía: o gran cartelista d'Art Nouveau na cidade do Modernismo

Chega a Barcelona unha escolma de obras de Alphonse Mucha, un dos máximos representantes do Art Nouveau, Modern Style, Jugendstil ou Modernismo.


17:50 13/10/2008 / Crise financeira mundial

A UE destinará máis de un billón de euros a axudas a bancos

Europa "vai facer máis que os EUA", dixo o presidente francés, Nicolas Sarkozy, ao anunciar as medidas tomadas polo seu goberno. O Estado Español ten preparados 100 mil millóns.


Nove equipos loitarán por vencer a liga
17:40 13/10/2008 / 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA

A Coruña volve ter un equipo na elite galega do balonmán feminino

Despois de dous anos, o Balonmán Coruña tivo unha difícil estrea no que se viu superado polo Asador Arealonga Chapela.


17:12 13/10/2008 / Éxitos do Xacobeo Galicia

Carlos Castaño termina sexto na 'Volta a Chihuahua'

Con este posto o equipo ciclista galego terminou a súa segunda campaña do calendario internacional, marcada por unha sobresaínte participación na 'Vuelta'.


Tarek El Aissami
16:53 13/10/2008 / DECLARACIÓNS DO MINISTRO DO INTERIOR E XUSTIZA VENEZUELANO

El Aissami anuncia inminentes decisións en caso de magnicidio

O plano de magnicidio e golpe de Estado en Venezuela foi desactivado na súa primeira fase coa detección de militares vinculados ao feito, asegurou  o ministro de Interior e Xustiza, Tareck El Aissami, quen indicou que "aspiramos a que nas próximas horas existan pronunciamentos determinantes sobre o caso".


Muller aimará, coa bandeira do seu pobo
14:20 13/10/2008 / 12 de outubro: Día da Resistencia Indíxena

Contra "a imposición criminal" e o "xenocidio" no continente americano

Logo de máis de 500 anos de resistencia e loita, milleiros de manifestantes volveron reivindicar este domingo que "outra América si é posíbel".


14:00 13/10/2008 / Máis de 1.500 MW autorizados

Até 14 concesións en trámite na barra libre hidroléctrica do Miño-Sil

"Un auténtico despropósito", critica Xosé Manuel Pérez Bouza (BNG), denunciando ademais a pasividade da Consellaría de Medio Ambiente respecto dalgún dos proxectos máis agresivos.


13:36 13/10/2008 / PREMIOS 'MANUEL MARÍA' E 'ÁLVARO CUNQUEIRO'

Teresa González Costa, por duplicado

Xosé A. Neira Cruz fíxose co Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na modalidade de teatro para rapaces.


13:35 13/10/2008 / FALLO

O Nobel de Economía é para Paul Krugman

Profesor en Princeton e colaborador do 'New York Times', é coñecido pola súa oposición aberta ás políticas económicas de Bush.


12:58 13/10/2008 / TEN “SÓ” UNS CENTOS DE ANOS

Detectan o planeta máis novo xamais localizado

Nunha distante matriz de gas foi onde un equipo de astrónomos da Universidade escocesa de Saint Andrews atoparon o planeta máis novo que o home ten visto e de cuxa observación se agarda obter datos importantes sobre a formación dos planetas.


12:33 13/10/2008 / SERÁ SOTERRADO ÁS CINCO DA TARDE EN PONTEDEUME

Ramiro Fonte na voz dos seus amigos

Durante toda a mañá deste luns pasaron pola capela instalada na Casa do Concello ducias de amigos, escritores, representantes institucionais e veciños do poeta eumés.


12:13 13/10/2008 / a Consellaría de Medio Ambiente non ten un plan de xestión para o LIC Canón do Sil

O goberno español recoñece que tramita 15 instalacións eléctricas na conca Miño-Sil

Xosé Manuel Pérez Bouza cualifica de "despropósito" que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño non paralice os proxectos con maior impacto ambiental e paisaxístico


12:00 13/10/2008 / POR PEDIDO DAS AVOAS DA PRAZA DE MAIO

O represor Videla volve ao cárcere

Jorge Rafael Videla, o que fora o presidente da Arxentina durante varios anos da máis cruel das dictaduras dese país austral, perdeu este venres o privilexio de ficar preso na súa propia casa e foi levado a unha unidade penal.


12:00 13/10/2008 / Na web do Complexo Hospitalario

Varreduras do Canalejo pendentes de eliminar

A Fundación que levaba o nome do falanxista xa mudou o nome. Permanece aínda pendente de cambiar o enderezo en internet do hospital.


11:53 13/10/2008 / Tras unha xuntanza do Consello do clube

O Elche destitúe a David Vidal

Após a sétima xornada de Liga na Segunda División, o equipo aínda non gañou un partido. O último empatouno co Celta.


11:28 13/10/2008 / Deportes de loita

Galiza consegue 12 medallas no Estatal de Taekwondo Sub 21

A selección galega conseguiu, esta fin de semana, 12 medallas no Campionato Estatal Sub 21 que se desenvolveu en Málaga.


11:00 13/10/2008 / No fútbol sala

O Lobelle gaña a Copa Galiza pelexando contra un potente Burela

Os mariñáns demostraron que contan cun equipo capaz de facerlle fronte a un dos grandes. Os composteláns suaron para gañar cun 2-5.


Apertura da bolsa de Frankfurt, este luns
10:15 13/10/2008 / CRISE

As bolsas europeas responden con fortes alzas animadas polo plan da zona euro

O Ibex 35 arranca cunha suba lineal de máis dun 6% logo de que a semana pasada tivese perdas históricas.